Francisco
Xavier Elorriaga Iturriagagoitia, alcumado o “Explorador” e o “Obús de Abadiño”
naceu en Abadiño, Biscaia (España), o 3 de decembro de 1947.
Ciclista
profesional español da década dos 70, ciclista rápido, de amateur participou
nos Xogos do Mediterráneo en 1971, onde obtivo dúas medallas de ouro e nos
Xogos Olímpicos de Múnic de 1972, onde tomou parte na proba de fondo na
estrada, quedando 16ª clasificado. Tras participar nos Xogos Olímpicos pasou ao
campo profesional, sendo fichado polo equipo ciclista Kas para as grandes
probas por etapas que eran o seu,
limitando o seu traballo para axudar aos seus compañeiros.
Profesional
de 1973 a 1980 durante os cales obtería 40 vitorias. Destacando as súas
actuacións en pequenas voltas por etapas onde obtivo numerosas vitorias: Volta
a Aragón (6 etapas e dous triunfos na xeral final), Volta a Asturias (5
etapas), Volta a Cantabria (5 etapas), Volta ao País Vasco (3 etapas).
Tras
a súa retirada do ciclismo profesional, en 2001 foi director honorífico da
Volta Ciclista á Rioxa e tivo un equipo cadete no que corría un fillo seu.
En
2010 nunha gala que organizou por primeira vez o Concello de Abadiño recibiu o
premio Abadiño Sariak. Un galardón que outorga o Consistorio cada ano para
agradecer oficialmente o bo labor dalgún veciño do municipio. Na elección do
premio a Xavier Elorriaga pesou o pasar á historia do ciclismo como unha das
figuras máis relevantes.
Na
actualidade ten unha tenda de bicis en Abadiño.
TRIUNFOS:
1973, vencedor do G. P. de Llodio, do Trofeo Masferrer, dunha etapa da Volta a
Andalucía, dunha etapa da Volta ao País Vasco, de dúas etapas da Volta a Aragón
e dunha etapa dos Tres Días de Leganes.
1974,
vencedor da Volta a Aragón, máis unha etapa, de dúas etapas da Volta a Cantabria,
dunha etapa da Volta a Mallorca e do G. P. de Villafranca.
1975,
vencedor da Volta á Rioxa, máis unha etapa, da Torrexón-Dyc, e dunha etapa da
Volta a Asturias.
1976,
vencedor da Volta a Aragón, máis tres etapas, dunha etapa da Volta a Cantabria,
de dúas etapas dos Tres Días de Leganés e dunha etapa da Volta ao País Vasco.
1977,
vencedor do G. P. de Caboalles de Abaixo, dos Tres Días de Leganés, máis unha
etapa, dunha etapa da Volta a Asturias, dunha etapa da Volta a Cantabria e
dunha etapa da Volta ao País Vasco.
1978,
vencedor do Trofeo Luís Puig, do G. P. Botella, dunha etapa da Volta a
Cantabria, de dúas etapas da Volta a Asturias e dunha etapa da Volta a España.
1980,
vencedor dunha etapa da Volta a España e dunha etapa do G. P. de Navarra.
XIRO
DE ITALIA: 1975 (58º) e 1977 (98º).
TOUR
DE FRANCIA: Soamente participou na edición de 1978, abandonando antes de
finalizar.
VOLTA
A ESPAÑA: 1973 (46º), 1974 (16º), 1976 (26º), 1977 (24º), 1978 (27º, máis unha
etapa, 1979 (51º) e en 1980 (42º, máis unha etapa).
Outros
resultados dignos de mención: 1975 segundo no Campionato de España de fondo na
estrada. 1976 segundo na Volta ao País Vasco, 1980 terceiro no Campionato de
España de fondo na estrada.
EQUIPOS:
1973-1975 Kas-Kaskol. 1976 Súper Ser-Zeus. 1977-1978 Teka. 1979
Novostil-Helios. 1980 Flavia-Gios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario