Óscar
Egg, naceu en Schlatt, Zúric (Suíza), o 2 de marzo de 1890. Faleceu aos 70 anos
en Niza (Francia), o 9 de febreiro de 1961.
Foi
un ciclista suízo e un dos máis grandes campións de todos os tempos. Antes da
Primeira Guerra Mundial conseguiu en tres ocasiones o récord da hora. Tamén
gañou dúas etapas do Tour de Francia e unha do Xiro de Italia.
Era un atleta ecléctico, capaz de destacar
tanto na estrada como na pista , un auténtico coleccionista de récords,
excelente especialista de Seis Días, extraordinario perseguidor e bo routier.
Entre
1907 e 1914 Óscar Egg e Marcel Berthet melloraron o récord da hora seis veces
entre os dous. A marca que Egg conseguiu en 1914, con 44,247 km non foi
superada ata 1933. Óscar Egg obtivo os seus tres récords no Velódromo Búffalo
de París. A pista era ao aire libre, con 333 metros de corda e recuberta de
formigón.
Óscar
Egg esta considerado o mellor pistar de principios do século XX. Cunha poderosa
pedalada e unha gran virtude, profesaba a “relixión do esforzó”, incrementando
os seus propios records en 3.727 metros.
O
22 de Agosto de 1912 realiza o seu primeiro record en 42,122 km incrementando o
anterior en 800 m. Pero Berthet non se rendeu e o 7 de Agosto de 1913 rodou a
42,741 km. Catorce días despois Egg deu a contra replica e batiu un novo record
en 43,523 km. Berthet pola súa paixón polo record e a súa coraxe volveu bater
un novo record vinte e nove días despois en 43,775 km. Pero foi o suízo Egg
quen deu o ultimo golpe de autoridade e o 18 de xuño de 1914 no velódromo de
Buffalo estableceu o record en 44,247 km. Egg utilizou neste último record un
desenvolvemento de 53x15 e os pneumáticos inflados con helio.
Profesional
de 1912 a 1926.
TRIUNFOS:
1912, Record da hora en París (42,360).
1913,
vencedor en París dos 10 quilómetros (13´45), e record da hora en París
43,525).
1914,
vencedor en París de 1 quilómetro lanzado (1´10”1/5 , dos 10 quilómetros (13´40?2/5
, dos 30 quilómetros (40´58?) , dos 40 quilómetros 54´38?2) e dos 50
quilómetros (1 h. 14´47”2/5), record da hora en París (44,247), Campión de
Suíza de fondo na estrada , Campión de Suíza de Sprint, vencedor de dúas etapas
do Tour de Francia e da París-Tours.
1915,
vencedor con Verri dos Seis Días de Chicago.
1916,
vencedor dos Seis Días con Dupuy dos Seis Días de Nova York.
1917,
Récord do Mundo de Medio Quilómetro lanzado (32´8), vencedor en Milán de 1
quilómetro lanzado (1´08”4/5), vencedor en Florencia dos 5 quilómetros (6´41”2/5)
, dos 50 quilómetros 1 h. 47”2/5) e dos 100 quilómetros (2 h. 33´94”), vencedor
da Milán-Módena, da Milán-Turín e da Milán-Como-Varese-Milán.
1919,
vencedor dunha etapa do Xiro de Italia.
1921,
vencedor con Van Kempen dos Seis Días de Nova York, dunha etapa do Xiro de
Italia e dos Seis Días con Séres dos seis Días de París.
1922,
vencedor da Gante con Buysse.
1923,
vencedor en París de 1´quilómetro saída parada (1´13”4/5) vencedor con Brocco
dos Seis Días de Chicago e dos Seis Diás con Van Kempen dos seis Días de
París..
1924,
vencedor da Bol d´Or, París.
1925,
vencedor con Ganda dos Seis Días de Chicago.
1926,
Campión de Suíza de Sprint.
XIRO
DE ITALIA: 1921, antes de retirarse gaña unha etapa.
TOUR
DE FRANCIA: 1912 retírase, 1914 (13º, máis dúas etapas).
Nunca
participa na Volta a España.
EQUIPOS:
1912 Grifón. 1913-1916 Peugeot. 1917-1926 Branco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario