xoves, 9 de febreiro de 2017

PAUL EGLI

Paul Egli naceu en Dürnten, Zúric (Suíza), o 18 de agosto de 1911. Faleceu aos 85 anos o 23 de xaneiro de 1997 en Dürnten, Zúric (Suíza).
Foi un ciclista suízo, enérxico e tenaz, só lle faltaba velocidade. Primeiro suízo en facerse cun titulo mundial amateur de estrada (1933) e camisola amarela no Tour de Francia. Moi popular e logo conselleiro e descubridor do campión ciclista suízo Ferdi Kübler.
Profesional de 1933 a 1947, durante os cales foi dúas veces Campión de Suíza en ruta en 1935 e 1936. Tamén foi Campión de Suíza militar en 1940 e participou en tres Tour de Francia: abandonou en 1936, clasificouse 29º en 1937 e 31º en 1938. Gañou ademais a primeira etapa, de París a Lille, en 1936.
TRIUNFOS: 1934, Campión de Zúric e unha etapa da Volta a Suíza.
1935, Campión de Suíza en ruta, vencedor dunha etapa da Volta ao País Vasco e Campión de Zúric.
1936, Campión de Suíza en ruta, dúas etapas da Volta a Suíza e vencedor dunha etapa do Tour de Francia.
1937, vencedor dunha etapa da Volta a Suíza.
1941, vencedor do Tour do Noroeste de Suíza.
1943, Campión de Zúric.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1936 antes de retirarse gaña unha etapa, 1937 (29º) e 1938 (31º).
Outros resultados dignos de mención: 1937, segundo no Campionato do Mundo de fondo na estrada. 1938 segundo no Campionato do Mundo de fondo na estrada. 1941 segundo no Campionato de Suíza  de fondo na estrada.
EQUIPOS: 1935-1936 Óscar Egg. 1937-1938 Colin-Óscar Egg 1939 a 1947 Alcyón-Dunlop.

Ningún comentario:

Publicar un comentario