xoves, 24 de agosto de 2017

ALLESSANDRO FANTINI

Allessandro Fantini naceu en Fossacésia, Chieti (Italia), o 1 de xaneiro de 1932. Faleceu aos 29 anos en Tréveris (Alemaña), o 5 de maio de 1961.

Foi un ciclista italiano coñecido polos alcumes de “Il Tamburino dei Fossacesia” e “Sandrino”. Especialista en carreiras por etapas e chegadas ao sprint. Atopou a morte nunha desafortunada caída (fractura de cranio) durante a 6ª etapa da Volta a Alemaña de 1961.

Os seus éxitos máis importantes conseguiunos no Xiro de Italia, con sete etapas gañadas e vestindo a maglia rosa durante nove días, e no Tour de Francia, con dúas vitorias de etapa.

Profesional de 1955 a 1961 durante os cales conseguiu 18 vitorias.

TRIUNFOS: 1955 vencedor de dúas etapas do Xiro de Italia e dunha etapa do Tour de Francia.

1956, vencedor de dúas etapas do Xiro de Italia e dunha etapa do Tour de Francia.

1957, vencedor de dúas etapas do Xiro de Italia e dunha etapa no Gran Premio Ciclomotoristico.

1958, vencedor do G. P. de Giulianova Lido.

1959, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia.

1960 vencedor da Milán-Vignola e de dúas etapas da Volta a Alemaña.

1961, vencedor dunha etapa da Volta a Alemaña.

XIRO DE ITALIA: 1955 (15º, máis dúas etapas), 1956 (6º, máis dúas etapas), 1957 (21º, máis dúas etapas), 1958 (47º), 1959 (19º, máis unha etapa) e 1960 (58º).

TOUR DE FRANCIA: 1955 (25º, máis unha etapa), e 1956 (48º, máis unha etapa).

VOLTA A ESPAÑA: 1959 abandonou.

Outros resultados dignos de mención: 1955, terceiro na Coppa Mostra do Tessile e terceiro na Coppa Cittá dei Busto Arsizio. 1957, terceiro no GP Industria e Commercio dei Prato. 1958, segundo no G. P. de Avezzano e segundo no Xiro de Piemonte. 1959, terceiro no G. P. de Acqui, segundo no G. P. de Giulianova e segundo no Xiro dell´Emilia. 1960, terceiro no G. P. de Giulianova. 1961, terceiro na Milán-Turin.

EQUIPOS: 1955 Lygie. 1956-1957 Atala. 1958-1959 Atala-Pirelli e 1960-1961 Gazzola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario