José Martín Farfan Pulído
naceu en Facatátiva, Cundinamarca (Colombia), o 21 de agosto de 1965.
Foi un ciclista
colombiano, escalador de categoría que mantiña o tradicional estilo colombiano,
é dicir atacaba de forma aloucada cada vez que chegaba a montaña. Corredor de
clase que podía asumir perfectamente a responsabilidade de equipo ou traballar
para outros e sobre todo un especialista nas etapas de alta montaña, como a
maioría dos seus compatriotas contemporáneos.
En 1989 chego a España
defendendo a camisola do Café de Colombia-Mavic na Volta Ciclista a España,
chegando a vestir durante dous días o maillor amarelo de líder. Con todo (aínda
que a clasificación non foi cambiada) en maio dese mesmo ano publicouse o seu
positivo durante as etapas 15ª e 16ª por consumo dun estimulante chamado
Pemolina.
En 1990 é contratado polo
Kelme-Ibexpress, gañando unha etapa e a clasificación da Montaña da Volta a
España. A continuación, en xullo participa no seu primeiro Tour de Francia,
pero non o terminou ao terse que retirar na 8ª etapa. Ao ano seguinte foi
terceiro na clasificación xeral da Volta a Burgos, conseguindo igual resultado
na Volta a Colombia e noveno no Criterium Dauphiné.
En 1992 mellorou este
resultado, chegando mesmo a gañar unha etapa. En 1993 participou no seu
primeiro Xiro de Italia, tendo que retirarse na 17ª etapa, mentres que a
tempada seguinte volveu correr para o equipo colombiano o Mazá Postobon
dedicándose principalmente a participar en carreiras de Colombia, onde gañou
unha etapa e terminou segundo no Cásico RCN. En 1995 regresou ao Kelme para
retirarse do ciclismo profesional esa mesma tempada, despois de participar na
súa sexta Volta a España que non terminou ao retirarse na 14ª etapa e sen pena
nin gloria foi a súa participación no Xiro de Italia.
Profesional de 1989 a
1995.
TRIUNFOS: 1989, vencedor
do caracol de Montaña, dunha etapa no Clásico RCN e da Clásica Aguia Vermella.
1990, vencedor do Premio
da Montaña da Volta a España e dunha etapa.
1991, vencedor dunha etapa
da Volta a Colombia.
1992, vencedor dunha etapa
da Dauphiné Libéré, dunha etapa na Volta a Burgos e dunha etapa da Volta a
Colombia.
1994, vencedor dunha etapa
no Clásico RCN.
XIRO DE ITALIA: 1993
abandonou e 1995 (49º).
TOUR DE FRANCIA: 1990
abandona antes de finalizar a carreira.
VOLTA A ESPAÑA: 1989 (15º,
líder durante dous días), 1990 (11º, máis unha etapa), 1991 (53º), 1992 (38º),
1993 (40º) e 1995 abandonou.
EQUIPOS:
1989 Café de Colombia, 1990-1993 Kelme, 1994 Mazá Postobón e 1995 Kelme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario