xoves, 22 de febreiro de 2018

URS FREULER

Urs Freuler naceu en Bilten, Glarus (Suíza), o 6 de novembro de 1958.
Este ciclista helvético está considerado como un dos mellores corredores de pista de todos os tempos. No seu dourado palmarés destacan dez títulos mundiais (dous de keirin e oito nas probas de puntuación). Ademais, o seu nome figura nas principais probas dos Seis Días e en varias competicións de ciclismo na estrada. As súas grandes condicións físicas facían que a súa pedalada en distancias curtas, ou á hora de disputar un sprint, fosen terroríficas.
Entre 1978 e 1989 gañou 15 medallas nos Campionato do Mundo de Ciclismo de Ruta.
Participou nos Xogos Olímpicos de Moscova de 1980  ocupando o oitavo lugar na proba de seguimento por equipos.
Logo de retirarse dá competencia, permaneceu vinculado ao mundo do ciclismo, de 2002 a 2005 foi director deportivo do Sistemas de Audición Phonak .
Profesional de 1980 a 1997 rurante os cales gañou setenta e unha carreiras incluíndo quince etapas de Xiro d'Italia (gañando a clasificación de puntos final en 1984 e vestíndose dúas veces por un día a camiseta rosa , a primeira en 1983e a seguinte en 1986 ) tamén gañou unha etapa do Tour de Francia , máis dúas contrarreloxo por equipos.
TRIUNFOS: 1980, record do mundo de 1 km. saída para pista cuberta 1:05:582 e os Seis días de Grenoble.
1981, Campión do Mundo de puntuación, Campión de Europa de Omnium, vencedor dunha etapa da Volta a Suíza e Record do mundo 1 km. saída parada aire libre en 1:06:791.
1982, Campión do Mundo de puntuación, vencedor de tres etapas do Xiro de Italia, dunha etapa da Volta a Suíza, dos Seis Días de Zúric e Campión de Europa de Omnium.
1983, Campión do Mundo de puntuación, Campión do Mundo de Kerin, Record do Mundo 1 km. saída parada aire libre en 1:06,091, vencedor dos Seis Días de Munich, dos Seis Días de Zúric, dos Seis Días de Lauceston e vencedor de dúas etapas da Volta a Suíza.
1984, Campión do Mundo de puntuación, vencedor dos Seis Días de Rótterdam, dos Seis Días de Zúric e vencedor dunha etapa do Xiro de Italia.
1985, Campión do Mundo de puntuación, vencedor de dúas etapas do Xiro de Italia, dos Seis Días de Munich e Campión do Mundo de Kerin.
1986, Campión do Mundo de persecución, vencedor do Tour Noroeste de Suíza, do Gran Premio de Argovie, dunha etapa do Xiro de Italia, dos Seis Días de Zúric e do Gran Premio Primo Cerami.
1987, Campión do Mundo de puntuación, vencedor de dúas etapas da Volta a Suíza, dos Seis Días de Munich, dos Seis Dias de Zúric, dos Seis Días de Berlín e dunha etapa do Xiro de Italia.
1988, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia e dos Seis Días de Gante.
1989, Campión do Mundo de persecución e vencedor dunha etapa do Xiro de Italia.
1990, vencedor dos Seis Días de Dortmund.
1992, vencedor dos Seis Días de Munich.
1993, Vencedor dos Seis Días de Colonia e dos Seis Días de Bremen.
1994, vencedor dos Seis Días de Colonia e dos Seis Días de Zúric.
XIRO DE ITALIA: 1982 (99º, máis tres etapas), 1983 (91º), 1984 (98º, máis unha etapa), 1985 (120º, máis dúas etapas), 1986 (126º, máis unha etapa), 1987 (104º, máis unha etapa), 1988 (82º, máis unha etapa), 1989 (antes de abandonar gana unha etapa)
En 1990 abandona. Na 5ª etapa.
 TOUR DE FRANCIA: só participa na edición de 1981, retirándose antes de finalizar a carreira.
Nunca participou na Volta a España.
EQUIPOS: 1980-1981 Bilta- Echter Glamer- Chämi Atala. 1982-1987 Panasonic. 1988-1990 Telekom-Mercedes- Merckx. 1991 Bleiker et Raleigh. 1993-1997 Wheeler. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario