xoves, 1 de febreiro de 2018

PASQUALE FORNARA

Pascale Fornara naceu en Borgomanero, Novara (Italia), o 29 de marzo de 1925. Faleceo aos 65 anos o 24 de xullo de 1990 na mesma cidade do seu nacemento.
 Foi un dos ciclista profesional máis representativo do ciclismo italiano nos anos cincuenta, moi bo rodador e escalador, extraordinario especialista en carreiras por etapas. Récord de vitorias na Volta a Suíza.
En 1956 estivo moi preto de gañar o Xiro de Italia defendendo a camisola do Arbos. Durante a terceira etapa, entre Merano e Monte Bondone , lucindo a camisola rosa de líder, retirouse durante unha tormenta de neve.
Hoxe Fornara descansa na tumba familiar no cemiterio de Borgomanero .Na súa memoria, na súa cidade, construíuse unha estatua en forma de bicicleta preto da estrada de Agogna .
Profesional de 1949 a 1962 durante os cales gañou 25 carreiras.
TRIUNFOS: 1949, vencedor da Volta aos Tres mares.
1950, vencedor da Milán- Módena e da Sierra- Montana.
1952, vencedor da Volta a Suíza, máis dúas etapas e dunha etapa do Xiro de Italia.
1953, vencedor do G. P. de Suíza e dunha etapa do Xiro de Italia.
1954, vencedor da Volta a Suíza.
1955, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia.
1956, vencedor da Volta a Romandía, máis unha etapa e dunha etapa do Xiro de italia.
1957, vencedor da Volta a Suíza e do Premio da montaña.
1958, vencedor da Volta a Suíza, máis dúas etapas.
1959, vencedor dunha etapa do GP Cyclomotoristico.
 XIRO DE IATALIA: 1949 (28º), 1950 (12º), 1951 (10º), 1952 (31º, máis unha etapa), 1953 (3º, máis unha etapa), 1954 (8º), 1955 (7º, máis unha etapa), 1956 antes de abandoar gana unha etapa, 1957 (8º), 1958 (9º), 1959 (21º) e 1960 (24º).
TOUR DE FRANCIA: 1955 (4º) e 1956 (24º).
VOLTA A ESPAÑA: 1957 (8º), 1958 (2º) e en 1960 retírase antes de finalizar a carreira.
EQUIPOS: 1949-1950 Legnano, 1951 Legnano e Cilo, 1952, Bottechia- Cilo-Bianchi- Pirelli-Allegro, 1953 Bottechia- Cilo, 1954 Leo- Chlorodont- Bottechia- Cilo, 1955 Cilo- Saint Raphael- Arbos- Bif- Clement-Allegro, 1956 Saint-Raphael- R. Geminiani- Dunlop, 1957 Cilo- Toscanelli- Arbos- Bif Welter, 1958 Ignis-Pena Soleira- Doniselli- Cilo- Toscanelli, 1959 Mondia- Urderberg- Emi-Guerra, 1960 Emi- Mondia e 1961-1962 Vov.

Ningún comentario:

Publicar un comentario