Franco Balmamion, en 1962 cuando gano su primer Giro de Italia con 22 años. |
Ciclista italiano que como afeccionado gañou a final do Gran Premio San Pellegrino en 1960, e como profesional asombrou ao mundo do ciclismo ao adxudicarse aos vinte e dous anos o Xiro de Italia de 1962, deixando absolutamente descolgado ao seu coequipier, Defilippis, e demostrando a todos, ao ano seguinte, que a súa gran vitoria non habia sido froito dun golpe de sorte, porque volveu imporse na primeira proba italiana, ratificando as súas condicións de rodador completo.
Un feito anecdótico é que conseguiu gañar ambos Xiros sen lograr ningún triunfo de etapa.
Profesional dende 1960 a 1972.
TRIUNFOS: 1962 Milán-Turin e Volta aos Apeninos.
1963 Campionato de Zúric.
1967 Campionato de Italia en Ruta, o Xiro a Toscana e Cronostaffeta: con Altg e Motta no equipo Molteni e en 1968 con Motta e Schutz.
Ademais destas vitorias, obtivo outros resultados como a segunda posición na Volta a Suiza dos anos 1962 e 1964. en 1966 quedou 4º e en 1972 foi 21º. O terceiro posto na Milán-San Remo de 1965, a segunda praza na clasificación da Montaña de Tour de Francia de 1967 e a terceira posición no Xiro de Piamonte de 1970. Na Volta a Bélxica de 1967 finalizou no posto 25º
Franco Balmamion en 1967 |
XIRO DE ITALIA: 1961 (20º), 1962 (1º), 1963 (1º), 1964 (8º), 1965 (5º), 1966 (6º), 1967 (2º), 1968 (8º), 1970 (12º) e 1972 (38º).
TOU DE FRANCIA: 1963 retirase, 1967 (3º), 1969 (39º), 1970 (12º) e en 1971 retirase antes de finalizar.
Nunca participou na Volta a España.
EQUIPOS: 1961 Bianchi, 1962-63 Carpano, 1964 Cynar, 1965-66 Sanson, 1967-68 Molteni, 1969-70 Salvarani e 1971-72 SCIC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario