FERDERICO MARTIN BAHAMONTES |
En 1948 dispuxo da súa primeira bicicleta, e aquel mesmo ano demostrou as suas extraordinarias calidades para a práctica do ciclismo ao obter a vitoria na Volta a Ávila, a primeira carreira por etapas na que participou.
Foi o mellor escalador de todos os tempos como o proba o feito de gañar o Gran Premio da Montaña do Xiro de Italia unha vez, seis o do Tour de francia, onde lle bautizaron co sobrenome de (O Ágila de Toledo), compartindo a marca xunta ao belga Lucien Van Impe ata a chegada de Richard Virenque e dúas na Volta a España. Adxudicouse tamén o Gran Premio da montaña catro veces na Volta a Asturias (1953-54-55-57), dúas na Volta a Cataluña (1953-55), unha na Volta a Levante (1959) e otras moitas vitorias en cronoescaladas (marca do Mont-Faraon) ou probas de montaña (tamén con marca). Como afecionado gañou a Volta a Avila en 1958 e a proba Vilarreal-Morella-Vilarreal (1951).
Bahamontes, venceu no Tour de francia de 1959, ainda que inicialmente non partia como favorito, unha longa escapada nos Pirineos e a súa vitoria na cronoescalada de Puy-de-Dôme supuxéronlle unha importante vantaxe. Nos Alpes, asociouse co tamén escalador Charly Gaul e ainda que tanto Henri Anglade como Jacques Anquetil recortaronlle tempo, non supuxeron unha ameaza para o corredor español, que aventaxaria a Anglade, segundo clasificado en máis de 4 minutos ao final do Tour.
FEDERICO MARTIN BHAMONTES, en la actualidad. |
En 1963, Bahamontes viuse relegado á 2ª praza por Anquetil. Ainda que moi igualados tanto nos Pireneos como nos Alpes, Anquetil daria o golpe de efecto na contrarreloxo (conseguindo por aquel entón a súa 4º Tour), seguido de Bahamontes a máis de tres minutos e medio. Un ano máis tarde, en 1964, Bahamontes terminaria 3º por detrás de Anquetil e Poulidor, a máis de catro minutos do gañador.
Profesional desde 1954 a 1965.
Tras abandonar a súa carreira, montou un negocio de bicicletas e material de ciclismo, fundou un equipo de afeccionados, desde fai máis de 40 anos é o director da Volta a Toledo, actualmente tamén apadriña ao Club Ciclista Navalcarnero.
TRIUNFOS: 1952.- Gran Premio de Villareal, Cronoescalada de Mont-Faraon (marca: 17:32:2/5), Trofeo da Montaña de Montecarlo, Niza-Monte do Ánxo, Volta a Asturias, máis unha etapa e a Clasica dos Portos.
1957.- Subida en linea ao Mont-Faraon (marca: 16 minutos e 49 segundos) e Volta a Asturias, máis unha etapa.
1958.- Campionato de España en Ruta e Subida a Arrate (marca 22 minutos e 20 segundos).
1959.- Campionato de España de Montaña e Subida a Arrate, batendo a sua propia marca, deixandoa en 21 minutos e 35 segundos.
1960.- Subida a Arrate.
1961,. Trofeo de Montaña de Montecarlo, Niza-Monte do Anxo e Subida a Arrate.
1962.- Cronoescalada do Mont-Faraon, Subida en liña ao Mont-Faraon e Subida a Arrate.
1963.- Cronoescalada do Mont-Faraon.
1964.- Cronoescalada do Mont-Faraon, Subida en liña ao Mont-Faraon, Subida ao Naranco e Seis Días de Madrid con Van Steenbergen.
1965.- Subida a Montjuich.
XIRO DE ITALIA: 1956.- Premio da Montaña, Trofeo Apeninos. 1958.- (17º e unha etapa) e en 1961 retirase.
TOUR DE FRANCIA: 1954.- (25º e G.P.M.), 1956 (4º), 1957 (retirado), 1958 8º, dúas etapas, G.P.M. e G.P. Combatividad), 1959 (1º, unha etapa e o G.P.M.), 1960 (retirase), 1962 (14º, unha etapaeo G.P.M.), 1963 (2º, unha etapa e o G.P.M.), 1964 (3º, dúas etapas e o G.P.M.) e en 1965 retirase antes de finalizar a proba.
VOLTA A ESPAÑA: 1955 (21º), 1956 (4º), 1957 (2º, unha etapa e o G.P.M.), 1958 (6º e o G.P.M.), 1959 e 1960 ambos os anos tense retirar pero gaña unha etapa en cada edición e en 1965 finaliza 10º.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCION: 1955 dúas etapas da Volta a Cataluña, 1959 Volta a Suiza (3º, dúas etapas e G.P.M.) e 2º no Campionato de España en Ruta. 1961 3º no Campionato de España en Ruta. 1965 5º na Volta a Luxemburgo e unha etapa do Tour de Romandia. 1964 unha etapa da Midi Libre.
EQUIPOS: 1954 Mondia. 1955 Terrot. 1956 ICEP-Girandengo. 1957 Mobilette. 1958 Faema, 1959 Condor, grazas ao regulamento da época, corre as carreiras españolas enrolado no equipo KAS, 1960 Faema, 1961 VOV, 1962 Margnat-Pomba e 1963-65 Margnat.
Ningún comentario:
Publicar un comentario