xoves, 9 de febreiro de 2012

ERCOLE BALDINI.

Ercole Baldini (A Locomotora de Forli ou O Plácido), naceu en Villanova dei Forli (Italia), o 26 de xaneiro de 1933. Foi un ciclista italiano, profesional entre os anos 1957 e 1964.
A principal especialidade de Baldini era a contrarreloxo, o que lle valeu para gañarse o alcume da Locomotora de Forli. Destacou desde moi temperá idade no mundo do ciclismo.
ERCOLE BALDINI, es su epoca
de ciclista profesional.
Aos 17 anos e tras haber habandoado os estudos, foi 3º no Campeonato de Italia Xuvenil, pasando á categoria amateur ao ano seguinte. A pesar de non lograr demasiadas vitorias, os seus resultados facian presaxiar un gran ciclista.
Aos 21 anos deu o salto á fama ao establecer a marca mundial da hora de afeccionados (44,870 km.); marca que dous anos máis tarde, e sendo aínda amateur, bateu xa con carácter absoluto, ao cubrir 56,393 km., cando a marca de profesionais estaba nese momento establecido por Jacques Anquetil con 46,159 km.. Aquel mesmo ano gañou o Campionato de Italia de fondo na estrada, o título mundial de persecución e o título Olímpico en ruta, nos Xogos Olimpicos de Melbourne. A seu corpulencia física escondía un carácter amable e suave. Deportivamente foi un corredor de excepción.
Tres veces venceu a Anquetil no Gran Premio de Forli-Castrocaro e foi, tamén, o primeiro corredor que alcanzou o título mundial de profesionais de fondo na estrada, logo de ser Campión Olimpico en ruta. Logo del, Kuiper tamén logrou a mesma fazaña.
Logo de cumprir o servizo militar en 1955, Baldini comenzou a destacar mundialmente. Aínda sin ter gran experiencia en pista, proclamouse campión de Italia e do Mundo de persecución, e campión amateur de Italia en ruta.
En 1957 deu o salto a profesionais e en 1958 foi, probablemente, o ano en que logrou as súas vitorias máis destacadas. Gañou o Xiro de Italia con catro vitorias de etapa e foi campión de Italia e do Mundo de ciclismo en ruta. En 1959 participou por primeira vez no Tour de Francia, logrando un triunfo de etapa e
ERCOLE BALDINI, en la actualidad.
terminar sexto na clasificación xeral final.
Ao retirarse do ciclismo activo, Baldini converteuse en director deportivo. Tamén foi Presidente da Asociación de Ciclistas e foi colaborador do Presidente da UCI Veerbruggen.
PALMARÉS COMO AMATEUR: 1954, marca da hora 44,870 km., o 30 de outubro no Velódromo de Viporelli Marca Mundial dos 20 km. en 26´29´´60.
1956: O 8 de setembro no Velódromo de Viporelli Marca Mundial dos 10 km. en 12´37´´60, Marca dos 15 km. en 19´25´´3/5, Marca dos 20 km. en 25´53´´1/5, Marca dos 25 km. en 32´21´´, Marca dos 30 km. en 51´43´´, Marca dos 45 km. en 58´11´´4/5, primeira media hora (23,186 km.), segunda media hora (23,207 km,), na hora 46,393 km. logros conseguidos o 19 de setembro no Velódromo de Viporelli. Trofeo Edmon Genti. Medalla de Ouro de ciclismo en ruta nos Xogos Olimpicos. Campión do Mundo de persecución. Campión de Italia de ruta e Campión de Italia de persecución.
COMO PROFESIONAL: 1957 Campionato de Italia en ruta, Xiro a Romaña, Xiro do Lazzio, Gran Premio de Lugano, G. P. Forli-Castrocaro e Trofeo Baracchi con Fausto Copi.
1958: Campionato Mundial en ruta (Reims), Campionato de Italia en ruta, Trofeo Matteotti, Trofeo Baracchi con Aldo Moser, G. P. Prato e Xiro de Italia e catro etapas.
1959: Xiro d´Emilia, G. P. Forli-Castrocaro, Trofeo Baracchi con Aldo Moser e unha etapa do Tour de Francia.
1960: Gran Premio das Nacións e Campionato do Mundo de persecución.
1961: Mildu-Mántua e Trofeo Baracchi con Welly.
1962: G. P. Forli-Castrocaro.
1963: Coppa Placci, Xiro a Reggio Calabria e G. P. Forli-Castrocaro.
1964: Campionato do Mundo de persecución.
Outros resultados dignos de mención foi o segundo posto no Gran Premio das Nacións de 1957.
XIRO DE ITALIA: 1957 (3º e unha etapa), 1958 (1º e catro etapas), 1959 (17º), 1960 (41º), 1962 (7º), 1963 (26º) e en 1964 retirase antes de finalizar.
TOUR DE FRANCIA: 1959 (6º e unha etapa), 1960 (33º), 1962 (8º) e en 1964 retirase antes do final.
Nunca participou na Volta a España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario