mércores, 15 de febreiro de 2012

VENDRAMINO BARIVIERA.

VENDRAMINO BARIVIERA
Vendramino Bariviera. Naceu en Roma (Italia), o 25 de outobro de 1937. Feleceu o 23 de novembro de 2001 aos 64 anos en Conegliano Veneto (Italia).
Ciclista profesional italiano dende 1961 a 1967. Conta con seis vitorias de etapa no Xiro de Italia.
Como director deportivo dirixiu ao equipo Sanson en 1969 e ao Zalf en 1988.
Como afecionado brillou ao gañar a final do Gran Premio San Pellegrino de 1957 e a Volta á Romaña de 1960. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Roma de 1960, retirándose antes do final, no Mundial de 1958 foi undécimo.
Como profesional gañou a Milan-Vignola de 1962, eo G. P. Pellegrino (Trofeo Cougnet), en 1963 gañou o G. P. Prato.
XIRO DE ITALIA: 1961 na disputa da 7ª etapa chegou fóra do control sendo eliminado. 1962 retirase na 7ª etapa, 1963 (46º e tres etapas), 1964 (61º e unha etapa), 1965 (43º), 1966 (53º e dúas etapas) e en 1967 retirase na 8ª etapa.
TOUR DE FRANCIA: So participou no ano 1963 véndose obrigado a retirarse.
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención foron o terceiro posto na Placci Copa de 1962, terceiro no Campionato de Italia de 1963. Na Volta a Suiza de 1964 quedou 19º na clasificación xeral final.
EQUIPOS: 1961-62 Ghigi (Italia), 1963-64 Carpano (Italia), 1965-66 Sanson (Italia) e 1967 Filotex (Italia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario