xoves, 29 de marzo de 2012

GRAZIANO BATTISTINI.

GRAZIANO BATTISTINI
Graziano Battistini, naceu en Pulica dei Fosdinavo (Italia), o 12 de maio de 1936. Morreu á ídade de 57 anos en Baccano dei Arcola (Italia), o 22 de xaneiro de 1994.
Como afecionado, gañou a Ruta de Oro en 1957 e o Trofeo San Pellegrini en 1958. As súas condicións de bo corredor por etapas púxoas tamén de manifesto entre os profesionais.
En 1965, foi o primeiro gañador da etapa do Xiro de Italia que terminou na Cima Stelvio, coñecido como a Cima Coppi. No medio nunha gran nevada e só grazas a voluntarios que quitaron a neve da estrada logrouse terminar a etapa, que gañou Graziano Battistini, mentres que outros ciclistas vironse obrigados a baixarse da bicicleta ante a espesa capa de neve.
Profesional entre 1959 e 1968. Tras a súa retirada do ciclismo profesional, dedicouse a descubrir talentos, entre os que destaca Massimo Podenza.
Morreu aos 57 anos tras unha grave enfermidade. Dedicado á súa memoria celébrase todos os anos o Memorial Gaziano Battistini de ciclismo.
TRIUNFOS: 1960.- Trofeo U.V.I. en Lugragiano, a Coppa Sabatini eo G.P. Saice.
XIRO DE ITALIA: 1959.- (7º), 1960.- (20º), 1961.- (12º), 1962.- (8º, máis unha etapa), 1964.- (18º), 1965.- (16º, máis unha etapa), 1966.- (16º), nas edicións de 1967 e 1968 retírase antes de finalizar.
TOUR DE FRANCIA: 1960.- (2º, máis dúas etapas e 2º na clasificación por puntos final), 1961.- (retirase) e 1963 (18º).
Nunca participou na Volta a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1959.- 3º na Coppa Sabatini.
1960.- 2º na Lavis e 3º na Sint-Lambrechts-Woluwe.
1961.- 2º na 2ª etapa do Tour de Romandia e 2º na Clasificación xeral final da Roma-Napoli.
1962.- 3º no Xiro doPiamonte e 7º no Xiro di Sardegna.
1963.- 3º na Coppa Agostini, 3º no Xiro della Provincia di Reggio Calabria, 3º na 2ª etapa do Xiro na Sardegna e 2º na Coppa Placci.
1964.- 2º na Coppa Sabatini.
1965.- 2º na Coppa Sabatini e en 1966.- 15º na Volta a Suiza, 3º na Saint-Raphael, 2º na 6ª etapa sa Volta a Suiza e 3º no Trofeo Laigueglia.
EQUIPOS: 1959.- San Pellegrino. 1960-1962.- Legnano. 1963-1964.- IBAC. 1965.- Vittadello. 1965.- Sanson. 1966-1967.- Vittadelo e 1968.- Pepsi Cola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario