ANTONIO BEVILACQUA. |
Antonio Bevilacqua,
naceu en Sant´Angelo dei Santa María dei Soa, Venecia (Italia),
o 22 de outubro de 1918. Foi un antigo ciclista profesional italiano, coetáneo de Van Stenbergen, Bobet,, Hugo Koblet e Fausto Coppi, permitiuse o luxo de vencer ao belga e ao francés na París-Roubaix de 1951, deixándoos practicamente cravados, e de bater sen contemplacións, o mesmo ano, ao suízo cando estaba na cima da súa carreira, na final do Campionato Mundial de Persecución, en Milán, establecendo nos 5 km. Un tempo de 6´05?6, que foi a mellor marca de toda unha época, Antes, en 1947 e 1948, Bevilacqua sacrificouse na mesma proba en aras de Fausto Coppi. Profesional de 1940 a 1955. Gañando once etapas do Xiro de Italia, dous Campionatos do Mundo de Persecución e o Campionato de Italia en Ruta de 1950. Faleceu aos 53 anos, en Mestre, a consecuencia das feridas que sufriu nunha caída da bicicleta. TRIUNFOS: 1941.- A Copa do Littorio e a Turín-Biella. 1943.- O Campionato de Italia de Persecución. 1949.- O Campionato de Italia de Persecución. 1950.- O Campionato do Mundo de Persecución, o Campionato de Italia de fondo na estrada, O Trofeo Barachi, con F. Magni, Os Tres Valli Varesine e a Milan-Vcenza. 1951.- O Campionato do Mundo de Persecución, o Campionato de Italia de Persecución, a París-Roubaix e a Volta a Veneto. 1952.- A Mílan-Vignola. XIRO DE ITALIA: 1940 retírase. 1946.- (17º, máis dúas etapas). 1947.- antes de abandonar gañou unha etapa. 1948.- volve abandonar pero antes gaña outra etapa. 1949.- (40º, máis unha etapa. 1950.- (29º, máis dúas etapas). 1951.- (26º, máis dúas etapas). 1952.- (69º, máis dúas etapas). En 1953 e 1954 abandona. TOUR DE FRANCIA: 1948.- (33º). Nunca participou na Volta a España. OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1942.- Segundo na Milán-San Remo e segundo na Volta a Compania. 1946.- Terceiro na Volta ao Piamonte. 1947.- Segundo no Campionato Mundial de Persecución. 1948.- Terceiro no Campionato Mundial de Persecución, segundo na Volta a Veneto e terceiro nos Tres Velles Veresino. 1949.- Segundo con Guido de Santi no Trofeo Baracchi. 1950.- Segundo no Xiro de Lombardia. 1951.- Terceiro no Campionato de Mundo na estrada e terceiro no Campionato de Italia en ruta. 1952.- Segundo no Campionato Mundial de Persecución e en 1953 terceiro no Campionato do Mundo de Persecución. EQUIPOS: 1940.- Lygie. 1941.- Ferrovario Venezia. 1942.- Bianchi. 1943.- Viscontea. 1944-1945.- VC Bassano. 1946.- Willier-Triestina. 1947.- Lygie-Pirelli. 1948-1949.- Atala-Pirelli. 1950.- Willier-Triestina. 1951.- Benotto-Ursus-Fiorelli. 1952.- Benetto-Fiorelli-Salus. 1953.- Benetto-Levriere. 1954.- Donoselli-Lasentina. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario