ALFREDO BINDA |
Alfredo Binda, naceu o 11 de agosto de 1902 en Cittiglio (Italia). Faleceu o 1 de xaneiro de 1986. Está considerado como o primeiro gran corredor da historia do ciclismo.
Aínda que nacera en Cittiglio moi preto de Varese, Binda creceu en Niza (Francia), onde comezou a súa carreira deportiva, sendo a súa principal calidade como ciclista, a de escalador e foi logo de Girardengo, o segundo Campeonísimo do ciclismo mundial. O seu estilo elegante e o seu sempiterna sorriso valéronlle o sobrenome da Gioconda. Entre os seus numerosísimos triunfos cóntanse tres camisolas arco iris, dous subcampeonatos mundiais, outras tantas medallas de bronce, tres marcas do mundo, cinco Xiros de Italia con 41 vitorias de etapa, oito delas consecutivas en 1929. Isto obrigoulles aos organizadores a invitarlle discretamente a que pensase nos demais e afrouxase un pouco o ritmo dos seus triunfos ao ano seguinte, a cambio de recibir con fartura o importe dos premios. Tras a fractura de fémur que sufriu na Milán-San Remo de 1936 tivo que retirarse, aínda que continuou no ciclismo a nivel nacional e internacional: dirixiu á selección italiana en numerosas competicións e especialmente nos Mundiais e os Tours de 1948 a 1951. Como adestrador de Fausto Coppi e Gino Bartali, tivo que mediar entre ambos, cando viaxaban co equipo italiano para participar no Tour de Francia. Un dos seus irmáns, Albino foi un bo corredor participando no Xiro de Italia de 1927 a 1933.
Profesional de 1923 a 1944. A súa consagración chegou en 1925 ao gañar o Xiro de Italia e o Xiro de Lombardía. Dominando ambas carreiras nos anos seguintes. Gañou o Xiro de Italia en 1925, 1927, 1928, 1929 e 1933 e o Xiro de Lombardía en 1925, 1926, 1927 e 1931.
O seu dominio no Xiro foi irresistible xa que ademais das súas cinco vitorias totais, gañou 41 etapas, unrécord que mantivo ata o ano 2003 cando o rompeu Mario Cipollini. En 1927, gañou 12 das 15 etapas, e en 1929 gañou 8 etapas consecutivas. Debido a esta superioridade, ofrecéronlle diñeiro por que non competise ao ano seguinte e o Xiro volvese gañar en interese. No seu lugar disputou o Tour de de Francia onde gañou dúas etapas.
Foi o gañador da primeira edición do Campionato do Mundo de ciclismo, gañándoo en tres ocasións (1927, 1930 e 1932), unha marca igualada máis tarde polos belgas Rik Van Steenbergen, Eddy Merckx e o español Óscar Freire. Ademais quedou terceiro en 1929. Outras vitorias de Alfredo Binda foron os catro Campionatos de Italia e a Milan-San Remo en dúas ocasións.
No centenario do seu nacemento foi protagonista dunha serie de selos.
TRIUNFOS: 1923.- A Niza-Pujet-Niza, o Circuíto do Var, a Marsella-Niza, a Niza-Annot-Niza e a Mont-Chauvet.
1924.- A Volta ao Sud-Este (Francia), a Niza-Pujet-Niza, a Marsella-Niza, a Niza-Annot-Niza, a Taulon-Niza, o G.P. Beansoleil e o Mont-Faron.
1925.- Xiro de Lombardía.
1926.- O Campionato de Italia en ruta, o Xiro de Lombardía, o Xiro do Piamonte, o Xiro á Toscana, a Milán-Módena, a XX Setembro, o Circuíto de Turín por equipos con Bruinero, a Roma-Napoles-Roma e o Xiro da provincia de Milán.
1927.- O Campionato do Mundo de fondo na estrada en Nurburgring, o Campionato de Italia en ruta, o Xiro de Lombardía, o Xiro do Piamonte, o Xiro de Toscana e os seis días de Milán con Girardengo.
1928.- O Campionato de Italia en ruta, o Xiro do Veneto, a Rund-Colonia e a Predoppio-Roma.
1929.- as marcas mundiais: 10 km. (13`33``4/5), 20 km. (27`02``4/5) e 50 km. (1 08`35 ``4/5, en Milan, o 11-10-1929), o Campionato de Italia en ruta, a Milán-San Remo, a Preodoppio-Roma, o Xiro da Romagna e o Circuíto de Compro Flegri.
1930.- O Campionato do Mundo de fondo na estrada de Lieja e os Tres Vales Varesino.
1931.- O Xiro a Lombardía e a Milán-San Remo.
1932.- O Campionato do Mundo de fondo na estrada de Roma e o Xiro da Provincia de Milán, por equipos con Di Paco.
1933.- As Tres Provinvias.
XIRO DE ITALIA: 1925.- Xiro de Italia, máis unha etapa. 1926.- 2º, máis seis etapas. 1927.- Xiro de Italia, máis doce etapas. 1928.- Xiro de Italia, máis seis etapas. 1929.- Xiro de Italia, máis oito etapas. 1931.- antes de ter que retirarse gañou dúas etapas. 1932.- (7º). 1933.- Xiro de Italia, máis seis etapas e o G.P. da Montaña. 1935.- (16º).
TOUR DE FRANCIA: 1930.- dúas etapas.
Nunca participou na Volta a España.

OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1925.- segundo no Campionato de Italia de ciclismo en ruta, segundo na Milán-Módena, segundo na Volta a Emilia, terceiro na Volta ao Piamonte e terceiro na Volta ao Véneto.
1926.- segundo na Volta ao Véneto e terceiro na Volta á Romaña.
1927.- segundo na Milán-San Remo e segundo na Volta a Emilia.
1928.- segundo na Milán-San Remo e segundo na Milán-Módena.
1929.- terceiro no Campionato do Mundo e segundo na Volta ao Piamonte.
1930.- segundo no Campionato de Italia, segundo no Xiro de Lombardía, segundo na Predappio-Roma e segundo na Volta a Toscana.
1932.- terceiro no Campionato de Italia, segundo na Milán-San Remo, terceiro na Volta a Toscana e segundo na Volta a Campania.

Ningún comentario:
Publicar un comentario