xoves, 11 de abril de 2013

ALFREDO BOVET

ALFREDO BOVET
Alfredo Bovet, naceu en Cully (Suiza), o 6 de maio de 1909. Faleceu aos 84 anos en Renens (Lausanne) Suiza, o 15 de xaneiro de 1993.
Foi un ciclista italiano de orixe suizo e con principios suizos tamén no ciclismo, foi un potente e rapidísimo rodador, especialista en chegadas, que ao final da súa carreira tenteou o medio fondo, xa que a partir de 1937 centrou os seus esforzos no ciclismo en pista, na que conseguiu varios éxitos, pero menores respecto de os alcanzados en estrada.
Foi profesional entre 1930 e 1945, conseguindo 21 vitorias, entre as que destacan a Milán-San Remo de 1932 e a Volta a Cataluña de 1933.
TRIUNFOS: 1930, Copa Zanardelli.
1931, Copa Bernocchi, o Gran Premio de Legnano, a Copa Catene Regina, a Targa Legnano, a Copa Bourgeugnon a Dairago e a Copa San Geo.
1932, Milán-San Remo e a Florencia-Roma, por equipos.
1933, a Volta a Cataluña, máis dúas etapas e os Tres Vales Varesinos.
1935, a Cossata, e Cópaa Cidade de Busto Arsizio.
1936, o Gran Premio Apertron.
XIRO DE ITALIA: 1931, (13º). 1932, (45º). 1933, 1934, abandona (4º). 1935, (56º). 1936, (31º) e en 1937 abandona.
Nunca participou no Tour de Francia nin na Volta a Españó.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1932, segundo no Gran Premio das Nacións. 1933, segundo na Milán-San Remo. 1934, vencedor de dúas etapas do Xiro da Provincia de Milán. 1935, vencedor de dúas etapas do Xiro da Provincia de Milán. 1938, terceiro na Milán-San Remo. Segundo nas edicións de 1937-1940-1942 e 1945 do Campionato de Italia de Medio Fondo.
EQUIPOS: 1930, Bianchi-Pirelli. 1931, Touring-Pirelli e Bianchi-Pirelli. 1932, Bianchi-Pirelli. 1933-1936. Bianchi. 1937, Individual, 1938, Dei e de 1939 a 1945, Individual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario