Albert Buysse (Buyze), naceu en Ecklo (Bélgica) o 30 de novembro de 1911. Morreu á idade de 86 anos o 13 de outubro de 1998 en Sint-Niklaas (Bélgica).
Ciclista belga irmán maior de Norbert Buysse, fillo de Marcel Buysse (vencedor do Tour de Flandes en 1914), sobriño de Lucien e Marcel Buysse e primo de Jules, Cyriel e Lucien Buysse.
Nada menos que once ciclistas, en só dúas xeracións saíron desta familia belga, orixinaria de Wontergem. Familia prolífica como o proba o feito de que o matrimonio de Ivo Buyze (este é en realidade o verdadeiro apelido da familia, aínda que pasen á historia do ciclismo como Buysse por culpa dos xornais), tiveron nada menos que nove fillos (5 mozas e 4 mozos, todos eles ciclistas) e que Marcel, o maior deles tivese logo catro descendientes ( unha nena e tres pícaros, que tamén foron todos ciclistas); Lucien, seis (tres damas e tres varóns, os tres dedicados igualmente á bicicleta); Cyriel, tres (un deles home e tamén ciclista), mentres que Jules tivo 4 mozas. En total, pois, once ciclistas en só dúas xeracións. Caso único no ciclismo mundial.
O pionero da saga, do que aquí se fala, para empezar, foi un ciclista de gran estilo que brillou con luz propia en todas as disciplinas da pista, na que conquistou nada menos que cen triunfos á americana e, entre eles, o Criterium Mundial de 1937 en Paris.
Profesional de 1931 a 1942. En 1950, retornou brevemente e como experto en pista continuou participando nas probas dos Seis Días.
Ao longo da súa vida profesional participou en 36 probas de Seis Días gañando nove probas das que sete as gañou co seu compatriota A. Billiet.
TRIUNFOS: 1933, os Seis Días de Marsella con A. Billiet e os Seis Días de Berlín con R. Deneef.
1936, os Seis Días de Bruxelas con A. Billiet.
1937, os Seis Días de Londres con P. Van Kempen e os Seis Días de Rotterdam con A. Billiet.
1938, os Seis Días de Amberes con A. Billiet e os Seis Días de Londres con A. Billiet.
1939, os Seis días de Amberes con A. Billiet e os Seis Días de Paris con A. Billiet.
1941, Campionato de Bélgica de Omnium.
Nunca participou en ningunha das tres grandes por etapas.
ALBERT BUYSSE |

Ningún comentario:
Publicar un comentario