xoves, 14 de novembro de 2013

ALBERTO CAMARGO

ALBERTO CAMARGO
Luis Alberto  Camargo González, naceu en Duitama, Boyacá (Colombia), o 3 de febreiro de 1963. Foi un ciclista colombiano que rompía un pouco co prototipo do clásico escalador colombiano pois, sen perder a faisca cando a estrada mira cara arriba, defendíase ben no llano e nas cronometradas.
Os seus maiores éxitos deportivos logrounos na Volta a España, onde consiguiu dúas vitorias de etapa, tamén gañou a medalla de bronce contra reloxo por equipos nos Xogos de América Central e Caribe.
Profesional entre 1987 e 1996.
TRIUNFOS: 1989, unha etapa na Volta a España.
1990, unha etapa na Volta a España.
1991, unha etapa na Volta a Colombia.
1992, vencedor da Volta aos Vales Mineros, máis unha etapa, vencedor do Clásico RCN, máis unha etapa e unha etapa no G. P. Café de Colombia.
1994, unha etapa na Volta a Asturias.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1987, retirase e en 1989, (20º).
VUELTA A ESPAÑA: 1989, (51º, máis unha etapa) e en 1990, (23º, máis unha etapa).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1986, sexto  na Clásica RNC. 1987, cuarto na Clásica de Boyacá. 1989, segundo na Clásica de Boyacá e en 1990, segundo na Clásica do Llano.
EQUIPOS: 1987-1988, Postobón. 1989-1990- Café de Colombia. 1991-1992, Postobón. 1993-1994, Artiach. 1995-1996, Postobon- Manzana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario