xoves, 21 de novembro de 2013

ÁNGEL CAMARILLO

ÁNGEL CAMARILLO
Anxo Camarillo Llorens, naceu en Madrid (España), o 11 de marzo de 1959.
Ciclista español, cuxos maiores éxitos deportivos logrounos na Volta a España onde nas súas distintas participacións obtivo dúas vitorias de etapa.
Pundonor e discreción  son as calidades que caracterizaron a Camarillo. Polo que o palmares no seu caso é algo secundario xa que o seu traballo foi sempre en apoio de doutros corredores, cumpriendo esta misión extraordinariamente ben.
Petete Camarillo, chamado así por estar en posesión dun titulo universitario foi profesional dende 1980 a 1992.
TRIUNFOS: 1981, vencedor do G. P. Naquera, unha etapa da Volta a Cantabria e unha etapa da Volta a Castilla.
1983, vencedor da Clásica Santander-Santander e unha etapa da Volta a España.
1985, vencedor de unha etapa da Volta a España, logo de unha escapada de 177 kilómetros en homenaxe ao malogrado Alberto Fernández. Non estivera no senxelo acto celebrado no cemiterio de Aguilar de Campóo, onde repousan os restos mortais da familia Fernández. Sabia o percorrido  case de memoria xa que facia casi tres anos tamén entrara en solitario en Logroño, por iso lanzouse a por o triunfo para ofrecerllo a Alberto Fernandez. Ese mesmo ano venceu nunha etapa da Volta a Asturias.
1986, vencedor do Gran Premio de Llodio, unha etapa da Volta a Rioja e unha etapa da Volta a Colombia.
1987, vencedor da Clásica Zaragoza-Sabiñánigo e a 4ª etapa da Volta a Galicia.
1988, vencedor de unha etapa da Volta a Burgos.
XIRO DE ITALIA: 1983, (92º). 1984, (85º). 1990, (43º).
TOUR DE FRANCIA: 1988, (116º).
VOLTA A ESPAÑA: 1981, (29º). 1982, (33º). 1983, (51º, Máis unha etapa). 1984, retirase. 1985, (50º, máis unha etapa). 1986, (46º). 1987, (80º). 1990, (63º).
OUTROS RESUlTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1981, terceiro no Circuito de Getxo. 1984, terceiro na Clasificación Xeneral Final da Volta a  Comunidade Valenciana. 1985, terceiro no GP Cuprosan, terceiro na Hucha de Ouro e terceiro na Clasificación Xeneral Final da Volta a Asturias. 1988, segundo no Gran Premio de Navarra e segundo en Fuenlabrada. 1989, terceiro na etapa con final en Santander da Volta Ciclista a España.
EQUIPOS: 1981-1982, Zor-Helios. 1983-1985, Zor-Gemeaz. 1986, Zor-B.H. Sport. 1987-1989, Teka. 1990-1992, CLAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario