xoves, 7 de novembro de 2013

ALFONSO CALZOLARI

ALFONSO CALZOLARI
Alfonso Calzolari, naceu en Bérgato, provincia de Bolonia (Italia), o 30 de abril de 1887. Morreu á idade de 95 anos o 7 de febreiro de 1983, en Ceriale (Liguria) Italia.
Pequeno pero con coraxe, era un gran atacante e posuía unha enorme resistencia. O Xiro de Italia que gañou foi a mellor proba: só o terminaron oito participantes e o segundo clasificado chegou a preto de dúas horas. Nesta edición do Xiro, sucederon uns feitos pouco normais como nevadas, tormentas e repetidas tentativas de sabotaxe contra o propio Xiro. Calzolari estableceu un record que ainda hoxe mantense xa que a Pierino Albini, segundo clasificado sácoulle 1 hora, 55 minutos e 26 segundos. Ademáis tamén mantén o record por ser a edición na que a media é a máis baixa de toda a historia (23,374 kmh). Só lograron chegar a Milán oito participantes e ostenta outro record difícil de superar xa que nesta edición dispútouse a etapa máis longa da historia do Xiro, Lucca-Roma 430 km e que venceu Constante Girardengo.
Foi profesional dende 1912 a 1919.
En xullo de 1975 fui nomeado Cabaleiro da Orden do Mérito da República Italiana polas súas conquistas deportivas e civis.
TRIUNFOS: 1913, vencedor do Xiro de Emilia.
1914, vencedor do Campionato de Italia e do Xiro de Italia.
XIRO DE ITALIA: 1912, abandonou na 4ª etapa. 1913, abandonou na 1ª etapa. 1914, (1º, máis unha etapa), 1919, abandonou.
Nunca participou nin no Tour de Francia nin na Volta a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1913, Milán-San Remo, (5º). 1918, Xiro de Emilia (3º) e 1919, Bolonia-Imola-Bolonia, (2º).
EQUIPOS: 1912, L´Italiana, 1913, Atala/Stucchi, 1914-1915, Stucchi, 1916-1917, Individual, 1918, Stucchi/Peugeot, 1919, Stucchi.

Ningún comentario:

Publicar un comentario