FRANCESCO CAMUSSO |
Foi un áxil escalador e audaz bajador, cuxo maior éxito da súa carreira foi a vitoria na clasificación xeral do Xiro de Italia de 1931. Outros resultados importantes inclúen a segunda posición no Xiro de Italia de 1934, o terceiro posto logrado no Tour de Francia de 1932 e a cuarta praza na xeral do Tour de Francia de 1937, onde foi lugarteniente de Gino Bartali.
Así mesmo, cosechou triunfos de etapa en distintas competicións de alto nivel, desde a Volta a Suiza e a Paris-Niza ata o Xiro ou o Tour. Dada a súa natureza de escalador, non brillou en demasía en competicións dun día, malia o cal foi segundo nos Tre Valli Varesine de 1931 e terceiro na Milán-San Remo de 1934.
Profesional de 1931 a 1938, durante os cales foi considerado por moitos como un dos mellores escaladores italianos da historia.
TRIUNFOS: 1933, unha etapa da Paris-Niza.
1934, unha etapa da Volta a Suiza.
1938, vencedor da Niza-Mont-Argeln, a súa última vitoria como ciclista profesional.
XIRO DE ITALIA: 1931, vencedor, máis unha etapa. 1932, abandonou. 1933, abandonou. 1934, (2º, máis unha etapa). 1935, abandonou. 1936, (36º). 1937, abandonou. 1938, abandonou.
TOUR DE FRANCIA: 1931, abandonou. 1932, (3º, máis unha etapa). 1933, abandonou. 1935, antes de abandonar, gañou unha etapa. 1937, (4º, máis unha etapa.
Nunca participou na Volta a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1931, segundo nos Tre Valli Varesine. 1934, terceiro na Volta a Suiza, unha etapa, máis o Premio da Montaña e 3º na Milán-San Remo.
EQUIPOS: 1931-1934, Gloria. 1935-1936, Legnano. 1937, Il Bertoldo. 1938, Gloria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario