xoves, 9 de xaneiro de 2014

MARIANO CAÑARDO

Mariano Cañardo Lacasta (O Catalán de Olite), naceu en Olite, Navarra (España), o 5 de febreiro de 1906. Pero foi adoptado pronto en Cataluña como cidadán propio. Faleceu aos 81 anos en Barcelona o 20 de xuño de 1987. Foi un ciclista nado da fame que se forxou nunha infancia moi dura, debido a que só tiña sete anos cando morreu o seu pai e catorce cando faleceu a súa nai. Sendo pastor emigrou a Barcelona en 1919 a casa da súa irmá para traballar de carpinteiro e en fábricas, alí descubriu a bicicleta e co pouco que gañaba comprouse en 1925 unha, 50 pesetas de entrada e o resto en 15 mensualidades. Ese mesmo ano correu a súa primeira carreira con pantalóns de pana, porque non lle deixaron saír en calzóns.
Foi un ciclista que marcou toda unha época no ciclismo español. O seu nome foi sinónimo de campión sendo o primeiro grande de España no deporte da bicicleta. Foi completo nas súas facultades, bo rodador, apreciable sprinter, potente escalador e persoa entrañable dedicada ao ciclismo ata a súa morte. Henry Desgrange escribiu del: “
Parece máis un ciclista belga que español. É forte, potente, rodador, pero sobe mellor que os belgas
”.
Tamén tiña boas calidades como contrarreloxista, o que lle levou a converterse nun dos grandes do ciclismo español, así como o mellor dos navarros ata a chegada de Miguel Induráin.
A súa carreira predilecta foi a Volta a Cataluña, rexión na que se afincou durante a súa traxectoria profesional, a cal gañou en sete ocasions, constituíndo un récord aínda hoxe sen superar. Ademais, foi segundo noutras dúas edicións e terceiro tamén noutros dous anos. Gañou un total de 19 etapas na competición catalá.
Foi o principal rival de Gustaaf Deloor na primeira edición da Volta Ciclista a España, disputada en 1935, terminando segundo, sobre todo porque perdeu dez minutos en Santander pola mala sorte das averías, aínda que nesa edición logrou un triunfo de etapa. Nesta primeira edición da Volta a España, Cañardo logo de ir fuxido 95 km co belga Antoine Digneef a roda, puido gañar a primeira etapa que terminaba en Valladolid e ser o primeiro líder da historia. Pero no sprint meteu a roda no riel do tranvía e perdeu. Entanto dada a época que lle toco vivir, na que nacía a rólda española, impediulle poder disputar dúas edicións da mesma, ata que se produciu a Guerra Civil española.

Cañardo tamén estivo presente en competicións do estranxeiro, participando no Xiro de Italia e Tour de Francia. No Xiro, foi un dos primeiros participantes españois, pero non tivo sorte e abandonou nas dúas ocasións ás que acudiu. No Tour tivo mellor sorte, terminando en catro das cinco edicións nas que competiu.
Víctor Fontan, vencedor das edicións de 1926 e 1927 da Volta a España onde Cañardo quedara terceiro e segundo respectivamente, en 1928 levouno ao Tour como reemplazante (caso único na historia). Cañardo disputou a última metade da carreira sen dereito a aparecer nas clasificacións. Na penúltima etapa rompeu a bici e acabou nunha de paseo prestada. Sen comer, nin lavarse, o director fíxolle volver a por a máquina, regresando unha hora antes da saída do último día. O mellor resultado na clasificación xeral conseguiuno en 1936, ao terminar 6º. Logrou tamén un triunfo de etapa na edición de 1937. Exiliado pola Guerra Civil, Mariano Cañardo na 14ª etapa, que terminaba en Ax-lles-Thermes, facendo gala dos seus dotes de escalador, lograba o terceiro triunfo de etapa dun español no Tour, tras Salvador Cardona (1929) e Federico Ezquerra (1936).
Tamén foi dúas veces 7º no Campionato do Mundo de ciclismo en ruta, nos anos 1930 e 1933.
Profesional de 1926 a 1943, período durante o cal logrou máis de 100 vitorias. En 1930, converteuse no primeiro español en gañar a Volta ao País Vasco, logo de ser terceiro en 1928.
Durante a súa carreira profesional milito en varias épocas no equipo do Barcelona, negándose sempre a fichar polo Español.
Logo da súa carreira en activo foi presidente da Federación Catalá de Ciclismo.
TRIUNFOS: 1928, vencedor da Volta a Cataluña, máis catro etapas.
1929, vencedor da Volta a Cataluña, máis unha etapa, vencedor do Campionato de Barcelona, vencedor da Volta á Comunitat Valenciana e vencedor do Campionato de San Martín.
1930, Campión de España de fondo en estrada, vencedor da Volta a Cataluña, máis catro etapas, vencedor da Volta a Santander, vencedor da Volta ao País Vasco, máis unha etapa, vencedor do Circuíto de Guecho e vencedor da Volta a Levante.

1931, Campión de España de Fondo en estrada, dúas etapas da Volta a Cataluña e vencedor da Volta a Madrid.
1932, vencedor da Volta a Cataluña, máis tres etapas, vencedor do Trofeo Masferrer.
1933, Campión de España de fondo en estrada, vencedor da Valencia-Alcoy-Valencia e vencedor do Trofeo Masferrar.
1934, Campión de Cataluña de fondo en estrada e unha etapa da Volta a Cataluña.
1935, Vencedor da Volta a Cataluña.
1936, Campión de España de fondo en estrada e vencedor da Volta a Cataluña, máis tres etapas.
1937, vencedor da Volta a Marruecos e unha etapa do Tour de Francia.
1938, vencedor da Volta a Marruecos.
1939, vencedor da Volta a Cataluña, máis catro etapas, vencedor do Circuíto do Norte, máis catro etapas e vencedor da Madrid-Lisboa.
1940, vencedor da Clásica dos Portos.
XIRO DE ITALIA: 1931 e 1933 abandonou.
TOUR DE FRANCIA: 1928, abandonou. 1929, (9º). 1935, abandonou. 1936, (6º). 1937, (30º, máis unha etapa). 1938, (16º).
VOLTA A ESPAÑA: 1935, (2º, máis unha etapa). 1936, (10º, máis dúas etapas).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1926, terceiro na Volta a Cataluña. 1927, segundo na Volta a Cataluña e terceiro na Volta a Asturias. 1928, terceiro na Volta ao País Vasco. 1929, segundo na Volta a Asturias. 1931, segundo na Volta a Cataluña e terceiro na Volta a Levante. 1932, segundo na Volta a Levante e segundo no Campionato de España en ruta. 1934, cuarto na Volta a Cataluña. 1935, segundo no Campionato de España en ruta. 1939, segundo no Campionato de España en ruta. 1940, terceiro na Volta a Cataluña e terceiro no Campionato de España de fondo en estrada.
EQUIPOS: 1926, Independente. 1927, FC Barcelona. 1928, Elvish-Wolber. 1929, FC Barcelona. 1930, Styl. 1931-1933, Independente. 1934-1935, Orbea. 1936, Colin-Wolber. 1937-1938, France Sport-Dunlop. 1939-1940, Independente. 1941-1942, FC Barcelona. 1943, Independente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario