xoves, 16 de outubro de 2014

JOSÉ JOAQUÍN CASTELBLANCO

José Joaquín Castelblanco Romeu, alcumado o “Teleférico dos Ándes”, “Chepe” ou “Don José”, naceu o 15 de decembro de 1969 en Úmbita, Boyaca (Colombia).
Foi un ciclista colombiano que comezou a súa carreira profesional co equipo español Kelme en 1995, logo de dúas tempadas regresou a Colombia en 1997 co equipo Telecom-Flavia, gañando o Campionato de Colombia de Ciclismo en Ruta e a súa primeira Volta a Colombia, triunfo que volveu repetir ao ano seguinte. En 1999, regresou ao equipo Kelme, participando no seu segundo Tour de Francia o cal finalizou no 37º posto da clasificación xeral e obtendo o quinto lugar na etapa que chegou a Saint-Flour. En 2001, uniuse ao equipo Sele Italia, obtendo a súa mellor clasificación no 15º posto das suas catro participacións no Xiro de Italia. En 2002 gañou a súa terceira Volta a Colombia e a súa segunda Clásico RCN, proba que volveu gañar en 2003.
En 2004, venceu novamente na Volta a Colombia. Con todo, deu positivo nun control por testosterona que lle realizaron logo da penúltima etapa. Por isto debeu renunciar a participar na Volta a España co equipo Café Baque. Foi descualificado do triunfo e suspendido por seis meses. Apelou a decisión, o cal permitiulle competir no final da tempada, incluíndo o Clásico RCN. A súa presenza nesta proba co equipo Orbitel, foi descualificada por algúns participantes e directores de equipos.

Logo de cumprir a súa sanción, regresou á competición en novembro de 2005 para correr a Volta ao Zulia co equipo Alcaldía de Cabimas, equipo co que alcanza en 2006 o cuarto triunfo da Volta a Colombia. 
Desde o 2004 dentro das Feiras e Festas do Municipio de Umbita, localidade da Provincia de Márquez onde é oriundo lévase a cabo a Clásica de Ciclomontañismo, unha proba bastante esixente para corredores Élite e Sub23 e que serve para renderlle homenaxe ao ex ciclista profesional. Dende o 2007 José Joaquín Castelblanco forma parte do Comité organizador.
Profesional de 1995 a 2008.
TRIUNFOS: 1997, vencedor do Campionato de Colombia e da Volta a Colombia, máis dúas etapas.
1998, vencedor da Volta a Colombia, máis tres etapas.
2001, vencedor de dúas etapas do Clásico RCN.
2002, vencedor da Volta a Colombia, máis dúas etapas e vencedor do Clásico RCN, máis unha etapa.
2003, vencedor de catro etapas da Clásica Gobernación de Casanare e do Clásico RCN, máis unha etapa.
2004, vencedor dunha etapa da Volta ao Val do Cauca, vencedor da Clásica de Fusagasugá, máis dúas etapas, vencedor da Volta a Antioquia, da Volta a Colombia, máis unha etapa e vencedor dunha etapa do GP Cootranspensilvania.

2006, vencedor da Volta ao Estado Trujillo, máis dúas etapas, vencedor da Volta a Colombia e unha etapa do Clásico Ciclístico Banfoandes.
2007, vencedor da Volta a Santanderes, unha etapa da Volta a Boyacá e unha etapa do Clásico RCN. 
2008, vencedor dunha etapa da Clásica Cidade de Girardot.
XIRO DE ITALIA: 2000 retirase. 2001, retirase, 2000, segundo na clasificación xeral da montaña. 2003 (37º).
TOUR DE FRANCIA: 1996 (71º) e 1999 (37º).
VOLTA CICLISTA A ESPAÑA: 1997 (41º), 1998 (15º) e 1999 abandonou logo da 11º etapa.
EQUIPOS: 1995-1996 Kelme, 1997 Telecom-Flavia, 1998 Avianca-Telecom-Kelme, 1999-2000 Kelme, 2001 Sele-Italia-Pacific, 2002-2003 Colombia-Sele Italia e 2004-2005 Orbitel, 2006 Gobernación do Zulia-Alcaldía de Cabimas (Venezuela) e 2008 Lotería de Boyacá (Colombia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario