xoves, 30 de outubro de 2014

FRANCISCO CEREZO

Francisco Javier Cerezo Perales, alcumado o “Ciruelo” naceu en Tomelloso, Cidad Real (España) o 6 de xaneiro de 1971.
Ciclista profesional español xa retirado que pese aos seus once anos de profesional non logrou grandes éxitos. O seu mellor logro foi a segunda posición no Campionato de España de ciclismo en ruta 2000, disputado en Murcia, soamente por detrás de Álbaro González de Galdeano. Ademais, foi o portador do maillot da clasificación da montaña da Volta a España en dúas ocasións: en 1997 durante catorce días e o ano seguinte durante outros sete.
Durante a súa carreira participou en 13 ocasións nas Grandes Voltas: catro no Xiro de Italia, dous no Tour de Francia e sete na Volta a España. Nunha ocasión tamén participou no Campionato Mundial de Ciclismo (2000), finalizando no 33º posto.
Traballou como gregario de Laurent Jalabert, na súa etapa no equipo danés CSC.
Trala súa retirada, exerceu de seleccionador español en ruta na categoría júnior. Actualmente é o Presidente da Sociedade Xeográfica da Rexión de Murcia. Dende o 2013 o Club Ciclista Sport Tomelloso organiza unha Marcha Cicloturista, que serve para homenaxealo.
O pasado xoves 18 de setembro de 2014, logo de 42 días foi recibido na Praza do Cardeal Belluga de Murcia, o mesmo punto do que partiu o pasado 7 de agosto para percorrer en bicicleta de montaña as vías pecuarias e os camiños ruraes da península cun total de 4.000 Km.
Nesta aventura só contou coa bicicleta como transporte, levando os utensilios necesarios para ser autosuficiente. 

O itinerario foi: Praza do Cardeal Belluga, Sierra da Pila, Yecla, Almansa, Ruta da La, Cuenca, Alto Tajo, Río Duero, Valladolid, Palencia, Canle de Castilla, Cordillera Cantábrica, Cantabria, Asturias, Camiño de Santiago do Norte e Primitivo, Oviedo, Lugo, Santiago de Compostela, Camiño Portugués, Tui, Oporto, Lisboa, Cabo de San Vicente, Faro, Huelva, Val do Guadalquivir, Córdoba, Sierra de Cazorla, Nerpio, Bullas, Vía Verde do Noroeste e Praza do Cardeal Belluga.
Profesional de 1992 a 2003.
TRIUNFOS: 1993, vencedor dunha etapa na Volta ao Alentejo.
1994, vencedor do GP Jornal de Noticias.
2000, vencedor do Memorial Manuel Sanroma.
Outros resultados dignos de mención: 1992, terceiro na Volta a Lleida.
1998, segundo no Memorial Manuel Galera e segundo no Trofeo Luís Ocaña.
1999, cuarto no Campionato de España de fondo en estrada.
2000, segundo no Campionato de España de Fondo en Estrada.
XIRO DE ITALIA: 1995 (119º), 1996 (98º), 1999 (39º) e 2002 (59º).
TOUR DE FRANCIA: 1999 (47º) e 2001 (148º).
VOLTA A ESPAÑA: 1994 (83º),1995 (53º), 1996 (39º), 1997 (32º), 1998 abandona, 2000 (55º) e 2003 (96º).
EQUIPOS: 1992, Seur. 1993-1994, Deportpublic. 1995, Castellblanch. 1996, Mx Onda. 1997-1998, Estepona. 1999-2000, Vitalicio Seguros. 2001-2002, Team CSC. E 2003, Labarca2-Cafés Baque.

Ningún comentario:

Publicar un comentario