xoves, 6 de novembro de 2014

CLAUDIO CHIAPPUCCI.

Claudio Chiappucci, alcumado o “Diaño”, Calimero, Chiappa, o Xitano, Escalador de peto, naceu o 28 de febreiro de 1963 en Uboldo (Italia).
Foi un bravo ciclista, especialista na montaña, tanto subindo como baixando, tivo a mala sorte de que a súa vida deportiva coincidise coa época de esplendor de Miguel Induráin. 
Ciclista moi combativo que destacou polos seus constantes ataques e polas súas longas escapadas nas Grandes Voltas. Precisamente no Tour de Francia de 1990, foi onde se deu a coñecer para o gran público, grazas a unha escapada na etapa con final en Futuroscope xunto con outros ciclistas, onde gañou moitos minutos de vantaxe; ese ano quedou segundo perdendo o maillot amarelo na última contrarreloj da carreira fronte a Greg Lemond. 
Non gañou ningunha Gran Volta, aínda así, deixou a súa pegada na historia do ciclismo, con gestas míticas como a da 13ª etapa do Tour de Francia de 1992: unha das etapas de montaña máis duras daquela edición, con nin máis nin menos que 254,5 quilómetros de percorrido, con inicio en St. Gervais, e cos portos de Saisies (1ª categoría, quilómetro 37), Colmet de Roselend (1ª categoría, quilómetro 75), Col d`Iseran (2775 metros, categoría especial, quilómetro 143), e o Col de Mont Cenis (2ª categoría, quilómetro 189), antes de chegar ao final na estación de esquí de Sestriere, de 1ª categoría. O "Diaño" escapouse nos primeiros compases da carreira, sobre o quilómetro 28, xunto con outro grupo de bos escaladores (Richard Virenque, Iñaki Gastón, Peio Ruiz Cabestany,Thierry Claveyrolat,...), e tras rodar con eles os 2 primeiros portos, foi deixando atrás a todos os seus compañeiros de escapada na ascensión ao Col d`Iseran, o porto máis alto desa edición, e con máis de 35 quilómetros de subida. Por detrás, os equipos dos dous grandes favoritos para a vitoria final, o Gatorade de Gianni Bugno eo Banesto de Miguel Induráin, preocupados polo ataque tempranero do bravo ciclista do Carreira, tiveron que traballar de xeito abondo en conxunto case desde o inicio da escapada para que a vantaxe do italiano non fose crecendo , e a consecuencia disto, tanto Indurain como Gianni Bugno quedáronse sen gregarios a falta de máis de 110 quilómetros para a liña de meta e tiveron que asumir o mando e tirar a por o varesino. 

A falta de empezar a subir o porto de Sestriere (completamente plagado de xente), un selecto cuarteto formado polos ciclistas Franco Vona, Andy Hampsten, Gianni Bugno e Miguel Indurain intentaban dar caza a un Claudio Chiappucci cada vez máis fatigado pola calor reinante e polo enorme esforzo de rodar máis de 100 quilómetros en solitario buscando dinamitar a carreira. A vantaxe ía diminuíndo, e un ataque de Franco Vona ao que só Miguel Indurain foi capaz de responder, facían presaxiar que finalmente darían caza ao italiano antes da liña de meta, máis aínda cando Miguel Indurain puxo a directa e marchouse en solitario en busca do transalpino. Ía como unha moto, chegando a quitarlle uns 25-30 segundos por quilómetro o que fixo que se puxese a tan só 30 segundos de diferenza a falta de 3 quilómetros do final, pero nos 2 últimos quilómetros da ascensión a Sestriere, o ciclista de Villaba non puido co bravísimo italiano e acusou en demasía o gran esforzo realizado, sendo ata alcanzado por Franco Vona metros antes da chegada, á cal chegou exhausto á meta de Sestrieres a 1:45 do flamante ganador, Chiappucci. Esta foi sen dúbida una das gestas do ciclismo máis recordadas dos últimos anos e aínda que nunca gañou ningunha das Grandes Voltas si gañou dúas veces o maillot de lunares de Rei da montaña no Tour de Francia de 1991 e 1992, facendo o propio no Xiro de Italia de 1990, 1992 e 1993. Gañador de tres etapas do Tour, sendo segundo en 1990 e 1992 e terceiro en 1991.
Considéraselle o pai deportivo do desaparecido Marco Pantani.
Profesional de 1985 a 1999.
TRIUNFOS: 1989, vencedor do Xiro do Piamonte e da Coppa Placci.
1990, vencedor dunha etapa da Paris-Niza.
1991, vencedor da Milán-San Remo, da Volta ao País Vasco, máis unha etapa.
1992, vencedor da Subida a Urkiola, do Xiro dos Apeninos e do Xiro do Trentino.
1993, vencedor da Clásica de San Sebastián, da Coppa Sabatini, dunha etapa do Tour de Francia e do Japan Cup.
1994, vencedor da Volta a Cataluña, máis unha etapa, dos tre Valli Varesine, unha etapa da Volta a Galicia e da Japan Cup.
1995, vencedor da Escalada a Muntjuic, máis unha etapa, da Japan Cup e do Xiro do Piamonte.
Outros resultados dignos de mención: 1991, terceiro no Campionato de Italia de ciclismo en ruta.
1994, segundo no Campionato do Mundo en ruta.
XIRO DE ITALIA: 1985 (64º), 1987 (48º), 1989 (46º), 1990 (12º), 1991 (2º), 1993 (3º), 1994 (5º), 1995 (4º), 1996 abandonou e 1998 (60º).
TOUR DE FRANCIA: 1989 (81º), 1990 (2º), 1991 (3º), 1992 (2º), 1993 (6º), 1994 abandonou, 1995 (11º) e 1996 (37º). 
Volta a España: 1988 (26º) e 1997 (11º).
Equipos: 1985-1996 Carreira. 1997 Asics. 1998 Ross Mary e 1999 Amica Chips.

Ningún comentario:

Publicar un comentario