xoves, 13 de novembro de 2014

FRANCO CHIOCCIOLI

Franco Chioccioli, alcumado Coppino, polo seu parecido físico co lendario ciclista italiano Fausto Coppi, naceu o 25 de agosto de 1959 en Castelfranco dei Sotto (Italia).
Foi un ciclista profesional italiano especialista na montaña da década dos 80 e os 90 que destacou sobre todo no seu país, fundamentalmente no Xiro de Italia, no cal terminou entre os dez primeiros en numerosas ocasións, quedando primeiro en 1991 sendo xa un veterano corredor de 32 anos, no que tivo unha dura pugna co ciclista vasco Marino Lejarreta, pero na dura etapa de Aprica na que se subía o Mortirolo, Chioccioli soltou a súa gran exhibición de poderío, perdendo Lejarreta unha minutada na meta de Selva dei val Gardena, ese ano foi segundo na clasificación xeral final un mozo Claudio Chiappucci. En 1992, Miguel Induráin gañaba o Xiro e Chioccioli foi terceiro, logrando un total de sete vitorias de etapa.

En 1992 acudiu ao Tour de Francia, logrando unha vitoria de etapa que lle soubo a gloria ao debutante Chioccioli que aproveitou a fatíga xeneral, quedou 16º na clasificación xeral final. Na primeira etapa en liña dese Tour álzouse co maillot da montaña, que ao final se levaría Claudio Chiappucci.

Profesional de 1982 a 1994.
Logo da súa retirada exerceu como director deportivo do novo equipo italiano, o Futura Team.
TRIUNFOS: 1984, vencedor da Coppa Agostoni e do Xiro do Trentino.
1985, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia e do Xiro do Friuli.
1986, vencedor dunha etapa da Volta a Suiza e dunha etapa do Xiro de Italia.
1988, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia. 
1991, vencedor do Xiro de Italia, máis tres etapas.
1992, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia, vencedor dunha etapa do Tour de Francia e vencedor da Euskal Bizikleta.
Outros resultados dignos de mención: 1991, segundo no Campionato de Italia de fondo en estrada.
1992, terceiro no Xiro de Italia.
EQUIPOS: 1982, Sele Italia, 1983, Vivi-Benotto, 1984 Murella-Rossin, 1985, Fanini-Wührer, 1986, Ecoflam, 1987, Gis Gelati-Jollyscarpe, 1988-1991, Do Tongo, 1992-1993, GB-MG Maglificio, 1994, Mercatone Un-Medeghini.

Ningún comentario:

Publicar un comentario