Alfred de Bruyne alcumado “Monsieur Fred”,
naceu en Berlare, Flandes Oriental (Béxica), o 21 de outubro de 1930, faleceu
aos 63 anos tras unha longa enfermidade en Provence (Francia) o 4 de febreiro
de 1994.
Foi un ciclista belga especialista de carreiras dun día e contemporáneo de Van Looy e de Van Steenbergen, grazas á súa intelixencia e vontade puido facerse oco entre eles. Corredor completo a excepción da montaña, unha serie de caídas e un grave accidente de coche frearon a súa carreira, logo director deportivo, comentarista de televisión e relacións públicas.
Profesional de 1953 a 1961, durante os cales venceu en catro dos cinco monumentos do ciclismo. Só lle quedou por gañar o Xiro de Lombardía, no cal foi 2º en 1995.
Nos Campionatos do Mundo de 1956 e 1957 foi 5º.
Logo dun grave accidente de coche en 1960 decidiu abandoar o ciclismo profesional. Trala súa retirada e ata 1977 exerceu de xornalista deportivo para a BRT TV, sendo os seus comentarios moi apreciados en Flandes e Países Baixos, o que lle fixo ser durante moito tempo o reporteiro de ciclismo máis importante da Televisión.
Publicou catro libros con biografías de ciclistas e un das súas memorias. Unha das prazas da súa cidade natal leva o seu nome e en Berlare unha das súas rúas tamén lle rende homenaxe levando o seu nome e organizando o Memorial Fred De Bruyne.
Foi o precursor dos Súper Prestixe, agora reemplazado pola UCI Prol Tour.
TRIUNFOS: 1955, vencedor do Circuíto Bélxica Central e Campión de Flandes Oriental.
1956, vencedor da Milán-San Remo, da Lieja-Bastogne-Lieja, da Paris-Niza e da Challenge Desfrange-Colombo.
1957, Vencedor do Tour de Flandes, da Paris-Roubaix, da Paris-Tours, da Sassari-Cagliari, da Challange Desfrange-Colombo e dos Seis Días de Gante con Van Steenbergen.
1958, vencedor das Lieja-Bastogne-Lieja, da Paris-Niza e da Challange Desfrange-Colombo.
1959, vencedor da Lieja-Bastogne-Lieja e dos Seis Días de Gante con Van Steenbergen.
XIRO DE ITALIA: 1958 (16º).
Tour de Francia: 1953 (52º), 1954 (36º, máis tres etapas), 1955 (17º), 1956 (20º,máis tres etapas), 1957 retírase e 1959 (30º).
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1955 segundo na Paris-Tours e segundo no Xiro de Lombardía. 1956 quinto no Campionato do Mundo de fondo en estrada, segundo na Paris-Roubaix e quinto na Burdeos-Paris. 1957 quinto no Campionato do Mundo de fondo en estrada, cuarto na Paris-Bruxelas e segundo na Milán-San Remos. . 1958 segundo na Paris-Tours e terceiro na Gante-Wevelgem. 1959 segundo na HetVolk.
EQUIPOS: 1953-1955 Mercier-Hutchinson. 1956 Mercier-BP-Hutchinson. 1957-1958 Carpano-Coppi. 1959 Peugeot-BP-Dunlop. 1960 Carpano. 1961 Baratti-Milano.

Andre Meganck (ex-compañeiro de Bruyne no VRT) e Lydie Van de Velde, viúva de De Bruynedescubrindo a placa na praza de Berlare. |
Tour de Francia: 1953 (52º), 1954 (36º, máis tres etapas), 1955 (17º), 1956 (20º,máis tres etapas), 1957 retírase e 1959 (30º).
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1955 segundo na Paris-Tours e segundo no Xiro de Lombardía. 1956 quinto no Campionato do Mundo de fondo en estrada, segundo na Paris-Roubaix e quinto na Burdeos-Paris. 1957 quinto no Campionato do Mundo de fondo en estrada, cuarto na Paris-Bruxelas e segundo na Milán-San Remos. . 1958 segundo na Paris-Tours e terceiro na Gante-Wevelgem. 1959 segundo na HetVolk.
EQUIPOS: 1953-1955 Mercier-Hutchinson. 1956 Mercier-BP-Hutchinson. 1957-1958 Carpano-Coppi. 1959 Peugeot-BP-Dunlop. 1960 Carpano. 1961 Baratti-Milano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario