xoves, 29 de outubro de 2015

GUSTAAF DELOOR

Gustaaf Deloor naceu en De Klinge, Flandes Oriental (Bélxica), o 24 de xuño de 1913. Faleceu aos 88 anos en Mechelen (Bélxica), o 28 de xaneiro de 2002.
Foi un ciclista belga que será lembrado no mundo ciclista por ser o primeiro gañador das dúas primeiras edicións da Volta Ciclista a España, nas súas dúas únicas participacións. Na segunda delas, batendo ao seu irmán maior Alfons que terminou segundo na xeral. Na edición de 1950 tamén se repetiu este feito ao gañar nesta ocasión o galego Emilio Rodríguez e quedar segundo o seu irmán Manuel Rodríguez.
Naquelas dúas primeiras edicións, o líder vestía de laranxa. A edición de 1936 que constaba de 22 etapas e 4.407 quilómetros, segue sendo a edición con máis tempo en meta da Volta xa que a carreira correuse en 150 horas, 7 minutos e 54 segundos
Profesional de 1934 a 1940, durante os cales os seus triunfos máis importantes foron a Volta a España de 1935 e 1936, entre os cales logrou ademais seis triunfos de etapa, á parte doutros triunfos menores, tamén logrou a vitoria na 6ª etapa do Tour de Francia de 1937.
A Segunda Guerra Mundial provocou o final da súa carreira profesional.
Gustaaf Deloor y Alfons Deloor antes de la salida de la
Volta a Catalunya de 1936
O 10 de maio de 1940 cando estaba a servir no exército de Bélxica en Fort Eben-Emael preto de Maastricht, o exército alemán invadiu a fortaleza e xunto cuns 1.200 belgas foron feitos prisioneiros. En Stalag II-B ou o prisioneiro de guerra campamento II-B, Gustaaf Deloor traballou na cociña debido a un oficial alemán que estaba interesado nos deportes. Cando volveu da guerra, regresou a unha casa saqueada, en 1949 decidiu empezar unha nova vida nos Estados Unidos. Despois de dez anos en Nova York trasladouse a Los Ángeles. Perdeu á súa primeira esposa en 1966, pero volveuse a casar, regresando a Bélxica en 1980.
TRIUNFOS: 1934, vencedor da Stekene-Stekene (Bélxica) e da Heist-op-dean-Berg (Bélxica).
1935, vencedor da Volta a España, máis tres etapas e unha etapa da Paris-St-Étienne.
1936, vencedor da Volta a España máis tres etapas, da Basel-Basel (Suíza) e da West-Vlaanderen (Bélxica).
1937, vencedor dunha etapa do Tour de Francia e da Mons-Mons (Bélxica).
1939, vencedor do Gran Premio do 1º de Maio, de la Rijkevorsel-Rijkevorsel (Bélxica) e do Criterium Sint-Niklaas (Bélxica).
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1937 (16º, máis unha etapa)
Volta a España: 1935 (1º, máis tres etapas) e 1936 (1º, máis tres etapas).
Outros resultados dignos de mención: 1935, segundo na 1ª etapa da Paris-Niza, terceiro na segunda etapa da Volta a España, segundo na 5ª etapa da Volta a España, terceiro na 6ª etapa da Volta a España, terceiro na 12ª etapa da Volta a España, segundo na 13ª etapa da Volta a España, terceiro no Circuíto de Paris, terceiro na Schoten-Schoten e segundo na Kloosterzande.
1936, segundo na Volta a Suíza, segundo na 1ª etapa da Volta a España, segundo na 7ª etapa da Volta a España, terceiro na 9ª etapa da Volta a España, segundo na 10ª etapa da Volta a España e terceiro na 13ª etapa da Volta a España.
1937, terceiro na Willebroek-Antwerpen (Bélxica), segundo na Lieja-Bastogne-Lieja, segundo na 11ª etapa do Tour de Francia e segundo na 14ª etapa do Tour de Francia.
1939, segundo na Berchem-Berchem (Bélxica).

EQUIPOS: 1934, De Dion-Bouton-Wolber-Ciclos Catalunya. 1935, Colin-Wolber-Bury-Dilecta. 1936-1937, Colin-Wolber. 1938, De Dion-Bouton e 1939-1940 Colin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario