xoves, 21 de xullo de 2016

ANTOINE DIGNEF

ANTOINE DIGNEF
Antoine Dignef naceu en Velm, Limburgo (Bélxica), o 9 de outubro de 1910. Morreu aos 80 anos en Sint-Truiden (Bélxica), o 9 de abril de 1991.
Corredor moi dotado que so lle faltou un mínimo de velocidade para facerse co palmarés que se merecia.
Dignef converteríase no primeiro ciclista en lograr unha vitoria de etapa na Volta a España ao facerse coa primeira etapa da súa primeira edición celebrada en 1935.
Seria na rolda española onde lograría os seus maiores éxitos deportivos ao lograr dúas vitorias de etapa, ademais do terceiro posto da clasificación xeral final de 1935.
Ese ano non gañou a Volta a España tras perder 20 minutos ao ser derrubado por un motociclista.
Profesional de 1932 a 1941.
A pesar da súa fortaleza, a guerra e os problemas de saúde obrigáronlle a retirarse cando aínda non tiña 30 anos.
TRIUNFOS: 1935, vencedor de dúas etapas da Volta a España, dunha etapa da París-Niza e da Clásica de Lanklaar.
1936, vencedor do G. P. da Famenne, da Ans, da Spa e da Tournai.
1937, vencedor da Spa.
1938 vencedor do G. P. Escaut, da Scheldeprijs Vlaanderen e da Stadsprijs Geraardsbergen.
1939, vencedor dunha etapa da Volta a Bélxica e da Joigne.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1933 (26º) e 1935 (20º).
VOLTA A ESPAÑA: 1935 (3º, máis dúas etapas).
Outros resultados dignos de mención: 1933, terceiro na Volta a Cataluña. 1934, segundo na Volta a Bélxica. 1935, segundo na París-Niza. 1939, segundo na Volta a Bélxica.
EQUIPOS: 1932-1934 Gran Lucifer-Hutchinson. 1935 Depas. 1936-1937 Colin Wolber. 1938-1941 Helvett Hutchinson.

Ningún comentario:

Publicar un comentario