xoves, 18 de agosto de 2016

MAURICE DIOT

Maurice Diot naceu en París (Francia), o 13 de xuño de 1922. Faleceu  tráxicamente aos 49 anos ao ser atropelado por un automóbil o 4 de marzo de 1972 en Migennes (Francia) onde está enterrado.
Alcumado o “Tiñoso”, foi un sólido corredor, tenaz atacante, dotado dunha boa velocidade. Era audaz, en ocasións maligno. Segundo de Fausto Coppi na París-Roubaix de 1950, manifestou: “Gañei eu, Coppi estaba fóra de concurso”.
En 1951, gañou a París-Brest-París 1.200 quilómetros nun tempo récord que non se rompeu desde entón.
O “Cascarrabias” Maurice antes de practicar ciclismo, iniciouse no deporte da ximnasia.
En 1951 disputando a París-Brest-París, durante moito tempo marchaba escapado xunto con Edward Muller, os dous campións pactaron disputar ao sprint a vitoria da carreira. A poucos quilómetros da chegada Muller sufriu unha picada e Maurice Diot cumpría a súa promesa esperando  ao seu compañeiro de escapada. Sorprendido e asombrado Antonin Magne o seu director ordenáballe que seguise correndo, Madiot facíase o xordo e negábase a obedecer as ordes do seu director dicíndolle que ía esperar ao seu opoñente como acordara previamente, provocando a ira e as ameazas do seu manager. Ameazas que caeron no esquecemento, xa que Maurice Diot foi máis rápido ao final.
Maurice Diot, retirouse en Migennes, onde exerceu a profesión de carpinteiro-ebanista. A súa morte tráxica produciuse ao ser golpeado por un Renault 16, o ex campión morreu ao instante, deixando catro orfos. Dous dos seus fillos, Maurice e François destacaron como ciclistas amateurs.
Profesional de 1946 a 1957.
TRIUNFOS: 1946, vencedor do Tour da Mancha.
1947, vencedor do G. P. Esperanza e da 20ª etapa do Tour de Francia entre Saint-Brieuc e Caen.
1949, vencedor da París-Bruxelas, da segunda etapa da París-Saint Étienne e do Circuíto da Viena.
1950, vencedor do Circuíto da Viena, da Bucles do Sena, do G. P. Catox e do  Tour da Alta Viena.
1951, vencedor da París-Brest-París e do G. P. Eco de Orán.
1952, vencedor do G. P. Pneumático.
1954, vencedor do Tour Louret.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1947 (49º, máis unha etapa), 1948, abandonou na 13ª etapa.
1949, retirouse na 10ª etapa, 1951, abandonou na 20ª etapa, 1953 (60º) e en 1955 chega fóra de control na 7ª etapa.
Outros resultados dignos de mención: 1948, segundo no Gran Premio Esperanza, terceiro na París-Clemont-Ferrand e terceiro na París-Nantes.
1949, segundo na París-Saint Étienne.
1950, segundo na París-Roubaix e segundo na Bordeus-París.
1951, terceiro no Gran Premio da Eco d´Alger.
1952, segundo na Bordeus-París e terceiro na Viena-Graz-Viena.
1953, segundo na Lieja-Bastogne-Lieja.
1955, terceiro no Circuíto Cher e terceiro no Circuíto de Viena.
EQUIPOS: 1946 Mercier-A. Magne, 1947 Olmo-Mercier-Hutchinson, 1948 Olympia-Dunlop-Mercier-A. Magne, 1949-1950 Mercier-Hutchinson, 1951-1952 Mercier-A. Magne, 1953 Mercier-Hutchinson, 1954 Hutchinson, 1955-1956 Boom-Leroux e 1957 Mercier-BP-Hutchinson-Ravat-Wonder.

Ningún comentario:

Publicar un comentario