xoves, 10 de novembro de 2016

GILBERT DUCLOS-LASSALLE

Gilbert Duclos-Lassalle alcumado o “Gibus”, naceu en Lembeye, Pireneos Atlánticos (Francia), o 25 de agosto de 1954.
Foi un ciclista francés que non destacaba en ningún terreo, pero que se defendía de marabilla en todos. Foi un excelente home de equipo que asumía a responsabilidade do mesmo nunha determinada carreira.
Tras numerosas vitorias como amateur, pasou a profesionais en 1978 nas filas do equipo Peugeot, ao cal se mantivo fiel durante toda a súa carreira, a pesar dos cambios de patrocinador.
Destacou principalmente en carreiras dun día, destacando as dúas vitorias consecutivas logradas no Inferno do Norte, na cal tamén foi segundo nunha ocasión. Outros postos de honra inclúen o 4º posto logrado no Campionato do Mundo de 1980 e a 3ª posición no Campionato de Francia de 1988.
Logrou algúns triunfos de etapa en probas menores e a vitoria na clasificación xeral da París-Niza en 1980. Tamén foi segundo na mesma proba  no ano 1982.
En 1984, foi campión de Francia de persecución e subcampión na proba americana.
Amante dos grandes espazos abertos e un gran cazador, un accidente de caza case lle custa unha man.
Os seus fillos Hervé e Maryan Hary Duclos-Lassalle tamén foron corredores profesionais.
Un das pontes por onde pasa a París-Roubaix foi bautizado co nome do “Pont Chunguísima”, alcume co que era coñenocido.
 Con Florian Rousseau, Thomas Voeckler e Gregory Bauge en 1993  foi outro dos ciclistas  gañadores do Premio Roland Peugeot da Academia de Deportes, premio que en 1993  outorgaronllo pola máis bela fazaña mecánica francesa.
Profesional de 1978 a 1994, durante os cales logrou 72 vitorias.
TRIUNFOS: 1978, aínda como amateur gañou nunha etapa do Tour de Corse.
1979, vencedor da París-Niza, da París-Bourges e da Estrela das Esperanzas.
1980, vencedor da París-Niza, da Ruta do Sur, máis unha etapa, da Étoile deas Espoirs, máis dúas etapas, do Tour de Corse, máis unha etapa, dunha etapa da París-Bourges e dunha etapa do Tour d´Armorique.
1981, vencedor do Gran Premio de Plounay e de dúas etapas do Tour de Limousin.
1982, vencedor dunha etapa do Criterium Internacional, do Tour de l´Oise e dunha etapa do Tour de Corse.
1983, vencedor do Tour Midi Pireneos, máis unha etapa, da Bordeus-París, do G. P. de Fourmies e dunha etapa dos Catro Días de Dunkerque..
1984, vencedor da Estrela das Esperanzas da Étoile deas Espoirs, máis dúas etapas.
1985, vencedor do Gran Premio de Mennes e do GP da Vila de Rennes..
1986, vencedor do Tour L´Oise, da Volta a Suecia, máis unha etapa, de dúas etapas do Tour Midi-Pyrénées, dunha etapa do Tour d´Armorique e do Gran Premio Plumelec.
1987, vencedor de Gran Premio Plounay e da Boucles de l´Aulne.
1989, vencedor dos Seis Días de Grenoble con Danny Clark e da Ruta do Sur.
1990, vencedor do Criterium de Hendaia e do Critérium das.
1991, vencedor da Midi-Libre, máis unha etapa.
1992, vencedor da París-Roubaix.
1993, vencedor da París-Roubaix e dunha etapa do Dauphiné Libéré.
1994, vencedor dunha etapa da Ruta do Sur.
XIRO DE ITALIA: 1990 (24º) E 1991 (36º).
TOUR DE FRANCIA: 1979 (46º), 1980 (abandono), 1981 (28º), 1982 (60º), 1983 (59º), 1985 (61º), en 1986 retírase, 1987 (80º), 1988 (36º), 1990 (65º). 1991 (60º) e en 1992 e 1993 abandonou.
VOLTA A ESPAÑA: 1985 (49º).
Outros resultados dignos de mención: 1981, segundo na Het Volk. 1982, segundo na París-Niza, 1985 segundo na París-Roubaix, 1986, terceiro nos Catro Días de Dunkerque. 1987, segundo na París-Burdeox. 1988, terceiro no Campionato de Francia de fondo na estrada.
EQUIPOS: 1977-1981 Peugeot-Esso-Michelín. 1982-1986 Peugeot-Shell-Michelín. 1987-1989 Z-Peugeot. 1990-1992 Z e 1993-1994 Gan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario