xoves, 3 de novembro de 2016

ANDRÉ DUFRAISSE

André Dufraisse naceu en Razes, Alto Viena (Francia), o 30 de xuño de 1926.
Un campión todo terreo. Especialista en probas de ciclocrós onde conseguiu ata cinco Campionatos do Mundo de maneira consecutiva e sete Campionatos nacionais, entre outras moitas vitorias. En 1956 gañou 19 das 20 carreiras nas que participou.
A súa prudencia nos descensos facíanlle gañar tempo sobre os contrarios máis temerarios que ao final ou caían ou se saían do circuíto. Chamábanlle o “Fausto Coppi dos prados”. Que ninguén o confunda co político francés (1918-1994) de extrema dereita e de idéntico nome e apelido.
Profesional de 1950 a 1964.
TRIUNFOS: Campión do mundo de Ciclocrós nos anos 1954, 1955, 1956, 1957 e en 1958. A pesar de non poder render ao 100% xa que disputou a carreira afectado de ciática. Ao final da primeira volta un mozo alemán de 19 anos chamado Rolf Wolfshohl quedouse só na cabeza, Dufraisse tivo que facer un esforzo brutal para darlle caza. O francés na cuarta volta logrou darlle caza para ao final lograr soltarlo. O alemán terminou a carreira completamente esgotado, sendo terceiro.
Campión de Francia de Ciclocrós nos anos 1955, 1956, 1958, 1959, 1961, 1962 e 1963.
En 1953 venceu na Subida a Arantzazu. Era o preludio do quinquenio que lle esperaba ao ciclocrós por parte do gran campión da especialidade André Dufraisse, apenas fixo ruta, pero os seus cinco Mundiais, dous segundos postos, catro terceiros e sete veces Campión de Francia en ciclocrós defíneo como o gran campión francés de ciclocrós.
Hoxe aos seus 90 anos aínda colle a bicicleta de cando en vez.
O pasado xuño disputouse a 26ª edición da Clásica Cicloturista popular, A Limousine André-Dufraisse, que organiza na súa honra a Limousine Cyclo, cun total de máis de 1.500 participantes nos tres circuítos diferentes que expón a organización, o máis  longo de 156 quilómetros cronometrados e con clasificación.
Tamén a Challenger do Comité Limosín de ciclismo que en diferentes categorías reflicte os resultados de todo o ano denomínase André Dufraisse.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
Participou na edición do Tour de Francia de 1952, retirándose antes de finalizar a carreira.
EQUIPOS: 1950-1953 Rochet-Dunlop. 1954-1956 Terrot-Hutchinson. 1957-1964 Saint-Raphael.

Ningún comentario:

Publicar un comentario