xoves, 5 de xaneiro de 2017

PEDRO DIAZ LOBATO

Pedro Díaz Lobato alcumado o Guau, naceu en Madrid (España), o 31 de maio de 1973.
 Ex ciclista profesional español que foi o ciclista en activo que, tras as denuncias de Jesús Manzano confirmou a existencia de prácticas de dopaxe no pelotón. Fíxoo o 7 de maio de 2004, cando declarou ante a xuíz María Antonia Torres Díez-Madroñero como imputado por un presunto delito contra a saúde pública.
Anteriormente botárono do equipo Relax-Fuenlabrada por non querer medicarse.
Na devandita declaración Díaz Lobato manifestou que a medicación lla daba sempre o médico do equipo Gerardo Vila, pero cría que seguía as indicacións do director Maximino Pérez, pois ao decatarse este que non estaba a seguir o tratamento díxolle persoalmente que o ía afundir por indisciplinado, ao non tomar a medicación prescrita polo doutor.
Iniciouse no ciclismo á idade de 8 anos na escola de ciclismo San Fernando de Henares, Madrid.
Desde temperá idade empezou a destacar e a gañar numerosas carreiras ata chegar a profesionais. 
Profesional entre 1999 e 2004 ininterrompidamente, durante os cales logrou máis de 150 vitorias.
Entre os seus triunfos máis importantes destacan: 1999, vencedor dunha etapa da Volta a Arxentina e participa no Mundial de Verona, Italia coa selección española onde axuda a Óscar Freire a conseguir o Ouro.
2001, vencedor dunha etapa da Volta a Andalucía.
2003, vencedor do Memorial Manuel Galera, dunha etapa da Volta a España, mellor deportista do ano Premio Vila de Vallecas, tres etapas na Volta a Toledo, dúas etapas na Volta a Castela e León, unha etapa na Volta a Madrid e unha etapa na Volta a Estremadura.
Decidiu deixar a vida de profesional no 2004, tras denunciar a existencia de técnicas de dopaxe no pelotón e non querer formar parte de dicha práctica. Ten uns valores moi marcados e sabe que sempre conseguiu os seus resultados co seu esforzo e sacrifico sen ter que incorporar medicamentos ao seu adestramento.
É un amante do deporte e a vida sa.
Actualmente exerce de asesor deportivo tanto para persoas que se inician no deporte como atletas con total dedicación. É instrutor de ciclo indoor e grazas aos seus coñecementos avalados por toda unha vida dedicada ao deporte de elite, compartida cos mellores nutricionistas, médicos e fisioterapeutas é  guía de rutas ciclistas corrixindo erros que se cometen á hora de adestrar ou competir.
EQUIPOS: 1999 Fuenlabrada-Cafés Toscaf. 2000 Colchón Relax-Fuenlabrada. 2001-2002 Jazztel-Costa de Almeria. 2003 Paternina-Costa de Almeria e 2004 Costa de Almeria-Paternina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario