José María Errandonea naceu en
Irún, Guipúscoa, o 12 de decembro de 1940.
Fino corredor español que fixo unha brillante carreira como afeccionado. Cábelle a honra de vestir a camisola amarela do Tour de Francia. Impediu a Raimond Poulidor acceder ao liderado por só 5 segundos no prólogo do Tour en 1967.
Formado inicialmente como corredor de pista, participou nas probas de velocidade e de persecución por equipos dos Xogos Olímpicos de 1960 celebrados en Roma.
Posteriormente pasou ao ciclismo en ruta e, tras uns anos como afeccionado e tras obter un destacado terceiro posto na Volta a Cataluña de 1964, deu o salto ao campo profesional en 1966, fichando polo equipo Fagor.
A súa experiencia na pista e a súa velocidade axudáronlle a gañar o prólogo co que deu inicio a Volta a España de 1966. Tras manter o liderado durante os tres primeiros días, finalmente obtivo un meritorio 10º posto no seu debut na proba. Aquel ano tamén correu por primeira vez o Tour de Francia, finalizando a carreira no 56º da clasificación xeral final.
Ao ano seguinte, dunha maneira similar, escribiu a xesta máis importante da súa carreira ao alzarse momentaneamente co liderado do Tour. Era a primeira ocasión na que se disputaba unha etapa prologo no Tour. Tratábase dunha contrarreloxo individual de algo menos de 6 quilómetros que ía decidir o portador da camisola amarela nas primeiras etapas da carreira. Cando todo o mundo deba como gañador a Poulidor, que fixera o mellor tempo dos favoritos e tan só faltaba un puñado de corredores sen nome por chegar á meta; o especialista José María Errandonea marcou un tempo de 5 segundos mellor que Poulidor quedándose coa vitoria de etapa e a camisola amarela. Só púidoo manter outra etapa máis xa que unha caída e a aparición dun inoportuno forúnculo obrigáronlle a abandonar na terceira etapa.
En 1968, convertido en xefe de filas do Fagor, acudiu de novo á Volta, onde gañou unha etapa e obtivo o 4º lugar da xeral final, acadando a súa mellor actuación nesta competición. Aquel ano tamén gañaría a Bicicleta Eibarresa.
Profesional de 1963 a 1971, durante os cales os seus maiores éxitos logrounos na Volta a España onde conseguiu tres vitorias de etapa, e no Tour de Francia onde obtivo unha. En ambas das duas probas chegou a liderar a carreira.
TRIUNFOS: 1965, Campión de España de Persecución.
1966, vencedor do G. P. Drick, dunha etapa da Bicicleta Eibarresa e dunha etapa da Volta a España.
1967, vencedor do G. P. Drink, do G. P. Federación Catalá, dunha etapa da Volta a España, dunha etapa da Bicicleta Eibarresa e Campión de España de Persecución.
1968, vencedor da Bicicleta Eibarresa e dunha etapa da Volta a España.
1970, vencedor dunha etapa da Volta a España.
XIRO DE ITALIA: 1968 (46º).
TOUR DE FRANCIA: 1966 (56º) e en 1967 retírase na terceira etapa.
VOLTA A ESPAÑA: 1966 (10º, máis unha etapa), 1967 (23º, máis unha etapa), 1968 (4º, máis unha etapa) e en 1970 (35º, máis unha etapa).
Outros resultados dignos de mención: 1964, terceiro na Volta a Cataluña. 1966, terceiro na Volta a Andalucía e terceiro na Bicicleta Eibarresa. 1967, segundo na Bicicleta Eibarresa.
EQUIPOS: 1966-1970 Fagor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario