xoves, 8 de xuño de 2017

JOSE ANTONIO ESPINOSA

José Antonio Espinosa Hernández, alcumado “Espi” naceu o 24 de novembro de 1969 en Tomelloso, Cidade Real (España). Morreu aos 26 anos tras un gravísimo accidente ao chocar contra un membro da organización no Criterium de Fuenlabrada o 20 de outubro de 1996 en Fuenlabrada, Madrid (España).
Ciclista español que era o paradigma de corredor modesto, humilde e combativo, experto en escapadas e sobre todo en disputar clasificacións secundarias e que apenas enriquecera o seu historial nos seus catro anos como profesional. Atopara un oco lanzando ao sprinter Marcel Wust e disputando metas volantes, que gañara nunha ducia de carreiras. O seu único triunfo é unha etapa en 1995 na Volta do Futuro en Portugal. O seu futuro era incerto, xa que o MX Onda non lle ía a renovar o seu contrato e el debía buscar un novo equipo ou retirarse.
Tras o accidente foi ingresado en situación de morte cerebral na UVI do Hospital Clínico de Madrid, empeorando ao día seguinte. Os índices das probas ás que fora sometido demostraban a morte cerebral. O seu encefalograma era plano. Horas despois, efectuóuselle un novo encefalograma, que ao repetirse plano permitiu a desconexión dos mecanismos de supervivencia e a doazón dos seus órganos. O doutor Julián Simón, xefe do hospital do Clínico certificaba a súa morte por un traumatismo cranioencefálico con edema masivo.
Profesional de 1993 a 1996.
TRIUNFOS: 1995, vencedor da Volta do Futuro.
Outros resultados deportivos: 1995, terceiro no Memorial Manuel Galera e terceiro na 3ª etapa da Volta a Rioxa.
EQUIPOS: 1993-1994 Deportpublic. 1995 Castellblanch. 1996 MX Onda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario