xoves, 9 de novembro de 2017

JOSEF FISCHER

Josef Fischer naceu en Cham (Alemaña), o 20 de xaneiro de 1865. Faleceu aos 94 anos o 29 de agosto de 1959 en Múnic (Alemaña).
Figura de lenda do ciclismo do seu país e gran campión da súa época. Extraordinariamente duro, pero tácticamente limitado.
Foi o primeiro vencedor da primeira edición da París-Roubaix con vinte e cinco minutos de marxe sobre o segundo clasificado, o danés Charles Meyer e con vinte e oito respecto ao francés Maurice Garin.  Nesta carreira non só tívose que enfrontar aos seus rivais directos, senón que tamén tivo que enfrontarse a algúns eventos inesperados, como a saída dun cabalo que arremeteu contra o grupo de ciclistas que marchaban na cabeza e logo a un bloqueo debido ás vacas que pastaban nas áreas de paso da carreira.
Cando hai 121 anos venceu Fischer a carreira aínda se denominaba “A Pascale” e o premio para o vencedor era de mil francos.
Profesional de 1896 a 1903 durante os cales gañou 16 carreiras, incluíndo o triunfo na primeira edición da París-Roubaix , en 1896 .

No único Tour de Francia que participou, o de 1903 con trinta e oito anos, acabou en décimo quinto lugar na clasificación xeral final.
TRIUNFOS: 1892, vencedor da Múnic-Koburg e da Wien-Trieste.
1893, vencedor da Wien-Berlín, da Moscova-San Petersburgo e da Basilea-Friburgo-Kolmar-Basilea.
1894, vencedor da Milán-Brenner-Múnic.
1895, vencedor da Trieste-Graz-Viena.
1896, vencedor da París-Roubaix e Camepón de Alemaña de Semifondo.
1899, vencedor dos Catro Días de Hamburgo.
1990, vencedor da Bordeus-París.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1903 (15º).
Outros resultados dignos de mención: 1899, segundo na Bordeus-París e en 1990 segundo na París-Roubaix.
EQUIPOS: 1896-1903 Individual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario