xoves, 5 de xaneiro de 2012

FRANCO BALLERINI

FRANCO BALLERINI
Franco Ballerini, naceu en Florencia (Italia), o 11 de decembro de 1964. Foi un ciclista italiano, gran rodador e especialista en probas dun día. Defendiase ben en todos os terreos, ainda que na alta montaña era moi limitado. En categorias inferiores logrou 43 vitorias, a totalidade delas en clasicas.
Profesional entre os anos 1986 e 2001, durante os cales logrou 19 vitorias.
Franco Ballerini sufria alerxias ao pole, o que lle impedian render a bo nivel a partir de maio.
A carreira na que cultivou os mellores resultados foi na Paris-Roubaix, que gañou en dúas ocasións 1995 e 1998. Tamén foi segundo en 1993, onde foi batido por Gilbert Duclos-Lasalle por apenas medio tubular, 3º en 1994, 5º en 1991 e 1996 e 8º en 2000.
Outras carreiras importantes dun día que aparecen no seu palmarés son: Os tres Vales Varesinos de 1987, o Gran Premio Camaiore e o Gran Premio Massa dei Carrara de 1989, o Gran Premio das
FRANCO BALLERINI, copiloto de Rallis.
Americas, Xiro de Piamonte, Xiro da Campania, Paris-Bruxelas e o Criterium de San Fiorentino de 1990, o Xiro da Romagna, asi mesmo, consegiu gañar a 14ª etapa do Xiro de Italia de 1991, a Omloop Hel Volk de 1995 e en 1996 o G.P. de Wallonie.
Outros bos resultados da súa carreira son a 3ª praza conseguida no Xiro de Lombardia de 1991 e o Tour de Flandes de 1997.
No Tour de Francia de 1990, terminou no posto 109º da clasificación xeral.
Tras a sua retirada do ciclismo activo en abril de 2001, Franco Ballerini converteuse no director da selección italiana de ciclismo en ruta. En 2002 gañou o Campionato de Mundo de Ciclismo en Ruta con Mario Cipollini e en 2004 gañou o Ouro Olimpico en Atenas dirixindo ao seu ex-compañeiro Paolo Bettini.
Nos anos 2006, 2007 e 2008 gañou consecutivamente, os tres mundiais, os dous primeiros con Paolo Bettini e o de 2008 con Alessandro Ballan.
Faleceu nun accidente de tráfico mentres disputaba un Ralli. Participaba como copiloto do tamén toscano Alex Ciardi cando o seu coche saiuse da pista, envorcando e estrelouse contra un muro dunha casa. Os servizós médicos traballaron para reanimarlle durante 45 minutos, foi trasladado ao Hospital de Pistoia, onde chegou clinicamente morto.
EQUIPOS:1986-1987 Magniflex. 1988 Do Tongo. 1989 Malvor-Sidi. 1990-1991 Do Tongo. 1992-1993 GB-MG Maglificio. 1994 Mapei-Clas. 1995-1997 Mapei-GB. 1998 Mapei-Bricobi. 1999-2000 Lampre-Daikin e 2001 Mapei-Quic Step.

Ningún comentario:

Publicar un comentario