xoves, 12 de xaneiro de 2012

GEORGE BANKER

Naceu en Pittisbourhg (USA), o 8 de agosto de 1874. Faleceu en decembro de 1917.
Foi un dos pioneiros do ciclismo, nos tempos heróicos deste deporte, sobresaindo principalmente pola súa elegancia en esprint. Foi un dos primeiros adversarios de Robert Protia e, cando xa abandonara o ciclismo, faleceu nun accidente de coche con tan só 43 anos.
TRIUNFOS:
1892: Marca da milla, saída parada: 2 minutos, 14 segundos 4/5.
1894: Gran Premio de Paris e a marca dos 500 m. lanzado en Paris: 35 segundos 2/5.
1895: Gran Premio de Anveres, Gran Premio de Roubaix e o Gran Premio de Ou.V. francesa.
1898: Campionato Mundial de Velocidade en Viena.
1899 Derby de Austria.
Nunca participou nas tres grandes Voltas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario