PIERRE BAZZO |
Gran colaborador de equipo nas tarefas menos recoñocidas. Excelente rodador e bo gregario, polo que o seu palmarés non reflicte o seu traballo sobre a bicicleta nos once anos como profesional (1976-1986).
Durante a súa carreira foi compañeiro de equipo de Lucien Van Impe e Joop Zoetemelk.
Despois da súa retirada do ciclismo profesional, foi director deportivo do equipo Fagor e gañou o Tour de Francia e o Xiro de Italia de 1987 con Stephen Roche, que tamén gañou o Campionato Mundial en Villach.
Coa desaparición do equipo Fagor, retirouse e abriu unha tenda de bicicletas, que ainda mantén na actualidade.
Durante a súa etapa de afecionado de 1971 a 1976 conseguiu oito vitorias e numerosos podios.
TRIUNFOS: 1979.- Gran Premio de Mauleón-Mills.
1982.- Gran Premio de Mauleón-Mills e Rutas de Flandes.
1983.- Tour de Vendée, Gran Premio de Plouay e Ruta de Berry.
1984.- Gran Premio de Plumelec.
PIERRE BAZZO |
TOUR DE FRANCIA: 1977 (abandonou), 1978 (21º), 1979 (33º), 1980 (9º), 1981 (31º), 1982 (39º), 1983 (21º), 1984 (abandonou) e 1985 (21º).
VOLTA A ESPAÑA: 1985 (15º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: Etapas na Dauphine Liberé, Criterium de Burdeos e Criterium de Limoges.
EQUIPOS: 1976-1978 Lejeune-BP. 1979-1981 Motobecane Reduto. 1982 Mavic Reduto. 1983 Coop Mercier. 1984 Coop-Hoonvend. 1985-1986 Fagor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario