STEVE BAUER |
Ciclista completo que se defendia ben en todos os terreos, especialmente nas cronometradas curtas. Foi un bo estratego da estrada, adoitando situarse perfectamente en carreira cando algo importante ia suceder.
Como afecionado logrou a medalla de prata no Campionato de Fondo na estrada dos Xogos Olímpicos dos Ägeles de 1984.
Tivo boas actuacións no Tour de Francia, chegando a ser cuarto en 1988 e decimo en 1985. Tamèn gañou unha etapa e levou a camisola amarela durante quince días.
Foi segundo na meta do Campionato do Mundo de 1988, pero foi descualificado por irregularidades no sprint.
Seve Bauer, logo das Olimpiadas dos Ángeles no 84 pasouse a profesionais. Empezou a súa carreira profesional no equipo La Vie Claire de Bernard Hinault e Greg Lemond, e na súa segunda carreira pofesional, gañou a medalla de bronce no Campionato de Ciclismo de Barcelona de 1984.
En 1994, foi condecorado coa Medalla doMerito ao Servizo (División Civil) por abrir o camiño ás xeracións vindeiras dos entusiastas do ciclismo n Canadá.
Aos 37 anos decidiu retirarse do ciclismo profesional, fundando o Tours Steve Bauer Bicicleta.
En 2008, Bauer foi o director deportivo do RACE Pro Team, equipo que participou en carreiras en Norteamérica e Europa. En 2009 dirixiu ao equipo Enerxia Planeta.
Na actualidade é o propietario e director deportivo do Spydertech. Equipo que desde o 12 de decembro de 2010 a UCI concedeulle a licencia Continental Profesional, sendo o primeiro equipo canadense en obter a devandita licenza.
TRIUNFOS: 1981, 1982 e 1983.- Campión de Canadá en ruta.
1988.- Trofeo Pantalica, Gran Premio de Montreal, Criterium de Monthey, Tour de L´Oise e G.P. das Americas.
1989.- Gran Premio de Zúric e Gran Premio de Friburgo.
Ademais durante a sua carreira profesional conta con vitorias de etapa no Tour de Francia, Volta a Suiza, Criterium Internacional, Dauphine Liberé, Midi Libre, Tour de L´Oise, Estrela de Besseges e Tour das Americas.
XIRO DE ITALIA: 1986.- (45º) e 1987 (10º).
TOUR DEFRANCIA: 1985.- (10º), 1986.- (23º), 1987.- (76º, máis unha etapa e líder durante cinco días), 1989.- (15º) e 1990.- (27º, e nove días de líder).
Nunca participou na Volta a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1982.- 2º na Henninger Turn e Medalla de Prata nos Xogos da Mancomunidade, proba en ruta.
1983.- 3º no Campionato do Mundo de Fondo.
1984.- Medalla de Prata dos Xogos Olimpicos, proba en ruta e Medalla de Bronce nos Campionatos do Mundo de Ciclismo.
1985.- 3º no Campionato de Zúric, 3º no Tour Haut Var e 3º no Tour de L´Oise.
1986.- 2º no Campionato de Zúric e 2º na Volta a Irlanda.
1988.- 2º na Volta a Suiza, 3º no Xiro de Lazio e 3º no Gran Premio Denain.
1989.- 3º na Amstel Gold.
EQUIPOS: 1984.- Mengoni. 1985-86.- La Vie Clare. 1987.- Toshiba. 1988.- Weinmann-La Suisse. 1989.- Helvetia-La Suisse. 1990.- 7 Eleven-Hoonved. 1991-95.- Motorola. 1996.- Saturn.
Ningún comentario:
Publicar un comentario