xoves, 19 de xullo de 2012

MARCELLO BERGAMO.

MARCELLO BERGAMO.

Marcello Bergamo, naceu en Ponche di Piave (Italia), o 16 de decembro de 1946. Foi un ciclista profesional italiano que durante a súa carreira deportiva destaca a vitoria na xeneral da Volta a Levante (España) de 1974 e a Milán-Turin de 1973.
Profesional desde 1969 a 1978.
O seu irmán Emmanuelle, tres anos máis novo que el, tamén foi ciclista profesional.
Marcello Bergamo logo de retirarse comezou coa súa propia empresa na fabricación de roupa deportiva de ciclismo: Bérgamo Maglifico Sportivo. Sendo hoxe en día unha das prestixiosas marcas italianas de roupa para o ciclismo. Habendo sido en 2008 o provedor oficial da roupa de competición do equipo Prol Tour Fuji-Servetto.
Actualmente segue saíndo un par de veces á semana cos amigos en Castano Primo, cidade na que reside e é o vicepresidente do equipo junior Castanese onde segue aos mozos afeccionados enseñandoles as súas experiencias e apoiándoos para o seu futuro.
TRIUNFOS: 1970 Gran Premio de Prato. 1973 Milán-Turin. 1974 Volta a Levante e Circuit de Premeno.
XIRO DE ITALIA: 1969 (33º), 1970 (27º), 1972 (13º), 1973 (63º), 1974 retírase antes de finalizar, 1975 (20º), 1976 retírase e 1977 (87º).
TOUR DE FRANCIA: 1976 (38º).
Nunca participou na Volta a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1970 gañou unha etapa da Tirreno-Adriático e venceu nunha etapa do Tour de Romandia. 1973 volve gañar unha etapa do Tour de Romandia. 1974 gaña unha etapa do Xiro de Puglia e outra etapa na Volta a Levante.
EQUIPOS: 1969-1974 Filotex. 1975-1976 Jolljceramica. 1977 Zonca-Santini. 1978 Intercontinental. 1979 Zonca-Santini.

Ningún comentario:

Publicar un comentario