xoves, 12 de xullo de 2012

VASCO BERGAMASCHI

VASCO BERGAMASCHI
Vasco Bergamaschi, naceu o 29 de setembro de 1909 en San Giacomo delle Segnate, provincia de Mantua (Italia). Faleceu o 24 de setembro de 1979.
Foi un ciclista italiano, alcumado "O panader", "Singapura" ou "O chinés", polas súas faccións asiáticas.
A resistencia e a regularidade foron as súas mellores calidades sobre a bicicleta. Na súa etapa de afeccionado gañou en 1930 a Copa do Rei e a Volta a Hungría.
O seu maior logro como ciclista profesional conseguiuno ao gañar a clasificación xeral do Xiro de Italia de 1935.
Nas súas participacións no Tour de Francia nunca brillou na xeneral, aínda que logrou un triunfo parcial na 13ª etapa de 1935.
Nunca participou na Volta a España.
Tras retirarse do ciclismo activo, continuou ligado ao mundo da bicicleta traballando como asesor técnico.
Profesional de 1932 a 1941.
TRIUNFOS: 1935 Volta ao Veneto. 1940 Milán-Módena.
XIRO DE ITALIA: 1932 (36º), en 1933 e 1934 retírase antes de finalizar, 1935 (1º, máis dúas etapas), 1936 (8º), 1937 (18º) e 1939 (23º, máis unha etapa.
TOUR DE FRANCIA: 1933 (39º), 1934 (retírase), 1935 non logra chegar a Paris, pero antes de terse que retirar gana unha etapa e 1938 (33º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1935 3º no Campionato de Italia de ciclismo en ruta.
EQUIPOS: 1932-1934 Maino-Clement. 1935 Maino-Girandengo. 1936 Maino. 1937-1941 Bianchi.

Ningún comentario:

Publicar un comentario