FAUSTO BERTOGLIO |
Fausto Bertoglio, naceu en
Brecia (Italia), o 13 de xaneiro de 1949. Foi un ciclista italiano,
bo rodador en probas por etapas e apreciable escalador, foi campión
de Italia en 1965. O seu prestixio chegou en 1975 cando, en pechado
duelo co español Francisco Galdos e Felice Gimondi, gañou o Xiro de
Italia, que finalizo no Stelvio, con 41 segundos do alavés de
Lasarte, naquel momento no Kas.
Xa entre os estudantes, á idade de dezaseis anos, foi campión italiano, especializándose en carreiras por etapas, en 1972 alzouse coa vitoria na Semana Ciclista de Bergamo, pasando ao primeiro plano entre os afeccionados.
En 1975, o seu terceiro ano como profesional, logrou imporse nun Xiro de Italia sen Francesco Moser que preferiu preparar o Tour de Francia e sen Eddy Merckx por accidente. Logo dunha longa loita co español Francisco Galdos e tras a contrarreloxo de Ciocco onde se vestiu por primeira vez a camisola rosa defendéndoo ata a última etapa, con meta no passo dello Stelvio. Tamén foi a primeira vitoria do Xiro de Italia da marca de bicicletas Pinarello.
Ese mesmo ano imponse na Volta a Cataluña e segundo na Copa Bernocchi, o que lle serve para ser seleccionado para o Campionato do Mundo en Yvoir, pero termino abandonando.
Ao ano seguinte gañou a Copa Placi, unha etapa da Volta a Cataluña e terceiro no Xiro de Italia a menos dun minuto de Felice Gimondi.
Termino a súa carreira en 1980 logo dun ano de gregario de Francesco Moser. Agora Bertoglio ten unha tenda de ciclismo co seu fillo Andrea en San Vigilio en Concesio (Brescia) en Via Garibaldi. O seu outro fillo Paolo foi ciclista profesional co Panaria en 2000 e 2001.
Fausto Bertoglio aínda é un namorado da bicicleta, sempre se lle ve pedaleando e escoitando música cada domingo.
Profesional entre 1973 e 1980.
TRIUNFOS: 1972.- A Settimana Ciclista Lombarda, como amateur. 1974.- A Cronostaffetta, o Monte dos Campións e o Campo dei Fiori. 1975.- O Xiro de Italia máis unha etapa e a Volta a Cataluña, máis unha etapa. 1976.- A Copa Placci e unha etapa da Volta a Cataluña.
XIRO DE ITALIA: 1973.- (46º), 1975.- (1º, máis unha etapa), 1976.- (3º), 1977.- retírase. 1978 (14º), 1979.- (7º) e 1980 (29º).
TOUR DE FRANCIA: 1974.- (23º) e 1976.- (9º).
Nunca participo na Volta a España.
EQUIPOS: 1973-1974.- Brooklyn. 1975-1977.- Jollyceramica. 1978.- Sele Royal-Inoxpran. 1979.- San Giacomo e 1980.- Sanson.

Ningún comentario:
Publicar un comentario