GUIDO BONTEMPI |
Corredor de grandes facultades físicas, destacaba, sobre todo, como rodador e nas probas contra o crono, nas que era un gran especialista en distancias curtas. As súas facultades permitíanlle desenvolverse con soltura na media montaña, aínda que tiña moitos problemas cando chegaban os altos cumes. Estaba considerado como o mellor velocista italiano da década dos 80.
Como afeccionado obtivo o cuarto posto nos Xogos Olímpicos de Moscú en 1980 na proba do quilómetro contrarreloj e persecución por equipos.
Xa como profesional e debido á súa gran punta de velocidade, conseguiu triunfos de etapa nas tres Grandes Voltas. Foi o primeiro ciclista en gañar dúas veces (1984 e 1986) a Gent-Wevelgen. No Tour de Francia de 1988 gañou o prólogo, o que lle permitiu levar o maillot amarelo na primeira etapa. Tamén gañou a clasificación por puntos no Xiro de Italia de 1986 e levar a maglia rosa durante unha etapa no Xiro de Italia de 1981.
Profesional entre os anos 1981 e 1995, durante os cales logrou 78 vitorias.
Tras retirarse do Ciclismo profesional, Bontempi continuou ligado ao mundo da bicicleta como director deportivo. Actualmente dirixe o conxunto Lampre, pertencente ao selecto grupo de equipos ProTour.
TRIUNFOS: 1981, o Campionato italiano de Keirin.
1982, o Xiro do Friuli.
1983, o Xiro de Piamonte, máis dúas etapas ao País Vasco e unha etapa da Tirreno-Adriático.
1984, a Gante-Vewelgen, máis unha etapa da Tirreno-Adriático.
1986, a Gante-Vewelgen, a Reggio-Calabria, a Copa Placci e os Tres Vales Varesinos.
1987, a Paris-Bruxelas, a Copa Bernocchi, o Xiro do Friuli e o Xiro dei Puglia.
1988, o Xiro de Friuli, a Coppa Bernicchi e a E3-Prijs Harelbeke.
1990, o Xiro de Puglia, dúas etapas da Volta a Valencia e unha etapa da Semana Catalá.
1991, os Tre Valli Varesine.
1993, unha etapa da Volta a Valencia.
Ademais durante a súa vida profesional conseguiu seis etapas da Ruta do Ouro, etapa na Volta a Cerdeña, etapa na Volta a Dinamarca, etapa na Semana Siciliana, etapa no Xiro de Plugia e etapa no Xiro Trentino.
XIRO DE ITALIA: En 1980 e 1981 antes de terse que retirar gana unha etapa en cada edición. 1982, tampouco logra finalizalo pero antes da súa retirada gaña dúas etapas. 1984 (93º máis unha etapa). 1985 (107º). 1986 (99º, máis cinco etapas). 1987 (108º, máis unha etapa). 1988 (91º, máis dúas etapas). 1990 (118º).
TOUR DE FRANCIA: 1985 (112º). 1986 (91º, máis dúas etapas). 1987 (119º). 1988 (106º).
VOLTA A ESPAÑA: 1981, antes de terse que retirar gana dúas etapas.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1987 terceiro na Milán-San Remo.
EQUIPOS: 1981-1983 Inoxpran. 1984-1993 Carreira e 1994-1995 Gewiss.
Ningún comentario:
Publicar un comentario