xoves, 17 de xaneiro de 2013

WINFRIED BOELKE

Winfried Boelke, naceu en Genthin (Alemania) o 25 de maio de 1941. É un ex ciclista profesional alemán que como afeccionado foi tres veces campión de Alemania (unha de montaña, en 1961, e dúas en estrada, en 1962 e 1963), como profesional adxudicouse cinco títulos máis e dous subcampeonatos. Nos anos 60 pertenceu aos mellores ciclistas alemáns, polo seu dominio na rexión de Ruht e alrededores de Dortmund, era coñecido polo alcumo de Gustav Bolke. Logo das súas vitorias como afeccionado no Campionato de Alemania de 1961,1962 e 1963 ano no que tamén terminou cuarto no Campionato do Mundo de fondo en estrada, pasouse a profesionais. Profesional entre 1964 e 1972, durante os cales logrou xa no seu primeiro ano como profesional quedar terceiro no Campionato do Mundo de fondo en estrada e tres veces o Campionato de Alemania de fondo en estrada igualando o récord de Hennes Junkermann. En 1968 tamén foi campión de Alemania á americana con Clemente Grossimlinghaus. Participou en 1967 e 1968 no Tour de Francia sen lograr finalizalo. Logo do seu retiro do ciclismo por razóns de saúde Winfried Boelke traballou como empregado da cidade e dirixiu ata 2004 un equipo afeccionado local que patrocinaba a fabrica de colchones Holzwickede. TRIUNFOS: 1964, a Volta a Oise. Campionato de Alemania de fondo en estrada de 1965, 1966 e 1967. 1968, Campionato de Alemania á americana con Grossimlinghaus e a Flecha Mosana. 1969, o Gran Premio de Saint Raphael. 1970, o Campionato de Alemania de Criteriums e o Gran Premio de Kaistenberg. Nunca participo no Xiro de Italia nin na Volta a España. TOUR DE FRANCIA: Participo nas edicións de 1967 e 1968 retirándose antes de finalizar. EQUIPOS: 1964-1969, Peugeot-BP. 1970-1972, Rocado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario