xoves, 10 de xaneiro de 2013

WILLY BOCKLANT

Willy Bocklant, naceu en Bellegem (Bélgica) o 26 de xaneiro de 1941. Faleceu aos 44 anos o 6 de xuño de 1985 en Mouscron (Bélgica). Ciclista belga, fillo de Robert Bocklant tamén ciclista profesional e pai tamén de ciclista. Willy Bocklant foi un bo corredor, forte e peleón, ao que se lle deron mellor as probas en liña dun día que as carreiras por etapas. O seu gran mérito foi volver a corrér e recuperar o seu posto entre os primeiros logo de fracturarse unha cadeira nun grave accidente, en mayo de 1966. Como afeccionado conseguiu corenta vitorias entre 1959 e 1960; e como independente gañou o tríptico das Ardenas (1960), o Gran Premio Franco-Belga en Roubaix (1960, 1961), e os Tres Días de Henin-Liétard (1960, 1962). Profesional de 1962 a 1969, destacando as súas vitorias no Tour de Romandia en 1963 e na Lieja-Bastogne-Lieja en 1964. TRIUNFOS: 1962 A Volta a Picardia, máis unha etapa. 1963 a Volta a Romandia, o Gran Premio Stan Okers e a Nederbrakel. 1964 a Lieja-Bastogne-Lieja con Week-End Ardennais, a Volta ao Piamonte, o Gran Premio Basse-Sambre e a Amberes-Ougrée. 1965 o G.P. Isbergues, a Flecha Brabancona, a Bruxelas-Ingooingem, unha etapa do Tour do Norte, unha etapa da Paris-Niza e unha etapa do Tour de Romandia. 1967 a Assebrock e a Harelbeke. 1968 o Gran Premio de Rumes, a Wattrelos, o G.P. Tournai, o Campionato de Hainaut e unha etapa do Tour do Norte. 1969 o G.P. Tournai. Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España. TOUR DE FRANCIA: Participou os anos 1963, 1964 e 1965, abandonando en todas as súas participacións. OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1963 cuarto na Milán-San Remo. 1964 Subcampeonato de Bélgica de fondo en estrada e cuarto na Paris-Roubaix. 1965 terceiro na Paris-Briselas e cuarto na Flecha Valona. 1967 terceiro na Flecha Valona e 1968 cuarto na Burdeos-Paris. EQUIPOS: 1962-1963 Flandria-Faema. 1964-1965 Flandria-Romeo. 1966 Mann-Grundig. 1967 Flandria-De Clerck. 1968-1969 Pull Over Centrale.

Ningún comentario:

Publicar un comentario