venres, 9 de agosto de 2013

LUCIEN BUYSSE

LUCIEN BUYSSE
Lucien Buysse naceu en Wontergem (Bélgica), o 11 de setembro de 1892. Faleceu en Deinze (Bélgica), o 3 de xaneiro de 1980.
Ciclista belga que só logrou unha vitoria en probas de estrada na súa vida, pero ese triunfo vale por todo un brillante palmares doutros moitos logros, porque se trataba nin máis nin menos que do Tour de Francia na edición máis longa (5.745 quilómetros) e dura da súa historia, a de 1926. Lucien (o segundo dos catro fillos de Ivo Buyze) era o prototipo perfecto do rudo, tenaz e bravo corredor de Flandes, cunha coraxe a toda proba, como o demostra a súa vitoria naquel Tour cando contaba xa 34 anos.
Triunfou grazas principalmente á súa lendaria vitoria na dantesca 10º etapa Bayona-Luchon. Cun tempo de cans, nunhas condicións climatológicas espantosas, tras un ataque baixo unha gran tormenta nos Pirineos franceses Lucien Buysse escapouse en solitario e chegou á meta con 25 minutos de vantaxe sobre o seu inmediato seguidor, o que lle sirvio para manterse asta o final en Paris. Algúns corredores terminaron a etapa... grazas aos automovilistas caritativos. Logo, os dous anos seguintes non puido participar na gran proba gala por culpa dos problemas que tivo a súa marca (Automoto) cos organizadores do Tour. Cincuenta anos despois, en 1978, a Asociación Internacional de Organizadores (A.I.Ou.C.C.) distinguiulle co seu Challenge. Dous anos antes da súa morte.
Profesional de 1914, ano no que participou por primeira vez no Tour de Francia aínda que non chegou a finalizalo. Trala Primeira Guerra Mundial volveu participar na edición de 1919 do Tour e de novo non conseguiu finalizalo. Un ano máis tarde, en 1920, finalizou terceiro na clásica Paris-Roubaix e en 1923 finalizou o seu primeiro Tour de Francia acabando na oitava posición. Nas edicións de 1924 e 1925 tivo dúas destacadas actuacións finalizando en terceiro e segundo lugar respectivamente. En 1930 deixou o ciclismo profesional.
TRIUNFOS: 1923, os Seis Días de Gante, con V. Standaert.
XIRO DE ITALIA: 1921 (4º).
TOUR DE FRANCIA: 1914 e 1919, retírase. 1923 (8º, máis unha etapa). 1924 (3º). 1925 (2º, máis 2 etapas). 1926 (1º, máis dúas etapas). En 1929 e 1930, retírase.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1919, 3º na Gran Fondo Milán-Trieste e 3º na Estrasburgo-Paris.
1020, 2º na Lieja-Bastogne-Lieja. 1926, 3º na Burdeos-Paris. 1928, 4º na Volta a Flandes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario