JULES BUYSSE |
Ciclista belga irmán pequeno de Marcel, o benjamín dos mozos de primeira xeración ciclista Buysse. E o ano que Lucien (o segundo irmán da saga) gañou o Tour de Francia (1926), Jules tivo o gran honor de poñerse aquel ano o primeiro maillot amarelo, na etapa Evian-Mulhouse (373 km), tras unha longa fuga chegou a meta con 13 minutos e 6 segundos de vantaxe que lle permitiron levar durante dous días o maillot amarelo, asta perdelo en favor do seu compañeiro tamén belga Gustave Van Slembrouck.
Os seus irmáns Marcel e Cyriel foron tamén ciclistas profesionais, o mesmo que os seus sobriños Marcel, Norbert e Albert.
PROFESIONAL DE: 1925 a 1932.
TRIUNFOS: Primeira etapa do Tour de Francia de 1926.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1925, (15º). 1926, (9º, máis unha etapa). 1932, (40º).
EQUIPOS: 1925-1926, Automoto-Hutchinson. 1927-1928, Automoto. 1929-1931, Individual. 1932, Equipo Tour de Francia Turistes/Routiers.
Ningún comentario:
Publicar un comentario