xoves, 13 de febreiro de 2014

LUIGI CASOLA

Luigi Casola, naceu en Busto Arsizio, Varese (Italia), o 11 de xullo de 1921. Faleceu en Certosa de Pavia (Italia), aos 88 anos o 6 de abril de 2009.
Foi un ciclista italiano de estrada e pista, potente rodador e velocista, especializándose nas probas dos Seis Días. Isto permitiulle competir en competicións no continente americano. Xa retirado, en 1960 emigrou a México e asumiu a dirección do Velódromo Olímpico do Estado Agustín Melgar, converténdose no promotor e impulsor do ciclismo nacional durante 41 anos, durante os cales promoviu 34 récord mundiais, entre eles o da hora que estableceu o belga Eddy Merckx o 25 de outubro de 1972.
Luigi Casola foi o impulsor da Volta a México traendo a disputala aos italianos Gianni Bugno, Marco Pantani e Claudio Chiappucci, así como a Lance Armstrong ou ao francés Laurent Fignón, quen por certo resultou ser o vencedor absoluto na edición de 1994..
En 2003 volveu a Italia onde faleceu en 2009, debido a complicacions renales, logo dunha caída que lle provocou ao principio fractúra do fémur e cadeira, das que xa non se puido recuperar.
Dende 2005 viviu baixo un ambiente de absoluta tranquilidade, dono dunha alegría desbordante, falando da súa madurez, a cal entendía como a capacidade para tomar decisións e sostelas. Detrás do seu eterno sorriso, detrás das súas bromas e gritos nerviosos non había nada. Tiña ese carácter para encarar desgustos e frustracións, sen queixa nin abatimento. Rodeándose dunha paz con el mesmo e cos que lle rodeaban. 

Profesional de 1946 a 1953, durante os cales gañou catro etapas do Xiro de Italia.
TRIUNFOS: 1946, vencedor da Copa Agostini e Copa San Geo.
1948, vencedor da Copa Placci.
1949, Vencedor da Milán-Turín.
1950, vencedor do Xiro de Veneto.
1951, vencedor da Copa Bernocchi.
XIRO DE ITALIA: 1947 (34º). 1948, antes de ter que abandoar gaña dúas etapas. 1949, abandonou, pero antes gaña unha etapa. 1950 (70º). 1951, (52º, máis unha etapa). 1952, (65º). 1953, abandonou.
Nunca participou no Tour de Francia nin na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1946, segundo no Xiro de Lombardia.
EQUIPOS: 1946-1947, Bianchi. 1948, Cinatti-Duralca. 1949, Benetto. 1950-1953, Atala-Pirelli.
Luigi Casola é das poucas persoas que tivo unha vida rica en experiencias como: gañar etapas no Xiro de Italia, ter de noiva a unha Miss Universo, combater na 2ª Guerra Mundial, viaxar por todo o mundo, coñecendo e convivindo con personalidades desde a Realeza (na súa parede colgaban fotos cos Reis de España e os Príncipes de Mónaco), a política (desde Fidel Castro a Eva Perón a Silvio Berlusconi aos presidentes mexicanos), o espectáculo (víaselle abrazado a Sofía Loren, Marcelo Mastriani ou Cantinflas) e por suposto o deporte (dende ser o gregario de luxo de Fausto Coppi, ata amigo próximo de Miguel Indurain, Mario Cipollini, Franco Baresi, etc).

Foi dos poucos humanos que podía preciarse de bicar a man a cinco Papas, desde Pío XII, Juan XXIII, Pablo VI, Juan Pablo I e Juan Pablo II.
Calquera que o coñecese sabía que non era unha persoa que pasaba desapercibido.
Pero Luigi Casola tamén chorou, pasando por momentos dramáticos, de intensa angustia. Chorou cando morreu a súa esposa, cando morreu Ramadés Treviño ou cando tivo que identificar e sepultar aos seus amigos durante a Segunda Guerra Mundial.
Por iso sempre dicía que quería proporcionar alegría a todos, xa que era a penitencia que tiña que facer polos pecados cometidos.
 "Vale máis unha alegría que unha tristeza. Así que o mellor de todo é estar alegres e facer boas obras mentres vivamos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario