xoves, 27 de febreiro de 2014

SALVADOR CARDONA

Salvador Cardona Balbastre naceu en Alfacín, Valencia (España), o 12 de xaneiro de 1901. Faleceu aos 84 anos en Toulouse (Francia), o 15 de xaneiro de 1985.
Foi un ciclista hispano-francés bo rodador que conseguiu un brillantísimo cuarto posto no Tour de Francia de 1929 manténdose como o mellor entre os ciclista españois durante 23 anos. Recordado principalmente por haberse convertido no primeiro español en lograr unha vitoria de etapa no Tour de Francia, ao facerse coa 9ª etapa da edición de 1929.
Cando chegou a noticia a España de que un ciclista valenciano gañara unha etapa do Tour, nos Pirineos, a prensa española quedouse en branco un español gañaba en Luchon. Ninguén coñecía ao tal Cardona e non había ningún enviado especial no Tour, porqué críase que non corría español algún. Salvador Cardona vivía en Francia desde os 17 anos. Viaxou alí para traballar na vendimia, regresando a casa para recoller os bártulos volvendo marcharse para mellorar as súas condicións de vida, instalándose en Narbona e despois en Pau. Nacionalizándose francés o 26 de febreiro de 1954. Fíxose ciclista, pero non podía correr en España por que non fixera o servizo militar. A etapa que gañou foi memorable. Subiu o Aubisque e o Tourmalet chegando a Luchon con máis de oito minutos sobre o actual Campión Nicolas Frantz, once ao ganador final, Maurice Dewaele, 16 a Magne. Con el entraba o seu xefe de filas, Victor Fontan, a gran esperanza francesa, que colleu o maillot amarelo. Pero ao día seguinte rompeu a horquilla (algúns falaron de sabotaje), retirándose e con el todo o equipo Elvish, salvo Cardona, que loitou só terminado cuarto.
Pouco máis tarde descubriuse que Cardona fora 15º o ano anterior, tamén ao servizo de Fontan, que sempre creu nos ciclistas españois como gregarios para superar as etapas de montaña. A partir dese momento puido empezar a competir en España sen problemas.
Houbo que esperar 23 anos para que outro español mellorase a súa clasificación: Bernardo Ruiz, terceiro en 1952.
 Profesional de 1922 a 1936.
TRIUNFOS: 1929, vencedor da Volta a Levante, unha etapa do Tour de Francia e unha etapa do Circuíto de Béarn.
1931, vencedor da Volta a Cataluña.
1932, vencedor da Volta a Madrid.
1933, vencedor da Volta a Galicia e vencedor da Villafranca de Ordizia.
1935, Campión de España de fondo en estrada. Vencedor da Volta a Mallorca, vencedor do Circuíto Pirineos, vencedor da Volta a Madrid, vencedor do GP República, máis unha etapa, unha etapa da Volta a España, dúas etapas da Volta a Mallorca e a Eibar-Madrid-Eibar.
1936, vencedor da Volta a Madrid e unha etapa da Volta a España. A primeira vez que a Volta chegaba a Tarragona
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1928 (15º), 1929 (4º, máis unha etapa), 1930 (16º), 1931 non iniciou a 6ª etapa, 1935 (22º).
VOLTA A ESPAÑA: 1936 (10º, máis unha etapa), 1936 (18º, máis unha etapa.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: Terceiro no Campionato de España de fondo en estrada dos anos 1932 e 1934 e segundo na Clasificación Xeral da Volta a Castilla.
EQUIPOS: 1922-1928 Elvish-Wolber. 1929 Elvish-Fontan-Wolber. 1930 Real Unión Irun. 1931-1936 Orbea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario