Charles Crupelandt, alcumado o Touro do Norte, naceu
en Wattelos (Francia), o 23 de outubro de 1886. Faleceu aos 68 anos o 18 de
febreiro de 1955 en Roubaix, coas dúas pernas amputadas e case cego.
Desde moi temprana idade, mostrou unha gran capacidade atlética centrando a súa afección cara ao ciclismo onde rápidamente demostrou ser un futuro campión.
Logo de participar en carreiras locais e rexionais, matriculouse por primeira vez na gran proba da París-Roubaix en 1904, terminando decimoterceiro na carreira que é un logro notable para este mozo ciclista de tan só 18 anos de idade.
Foi un ciclista francés robusto e enérxico, bo velocista, a súa carreira terminou en 1917 por mor de condenas penais.
Crupelandt foi mobilizado durante a Primeira Guerra Mundial da cal volveu como un heroe, coa Cruz Militar tras ser ferido dúas veces. Tres anos despois, é arrestado polo roubo de baterías de automóbiles en Chatou, sendo condenado a unha pena de dous anos de prisión. Querendo volver á competición en 1921, vese impedido pola Unión Vélocipédique que lle nega a licenza e prohibiulle correr para sempre, posiblemente a petición dos seus rivais no ciclismo.
En 1923, sen estar rexistrado oficialmente, mestúrase co pelotón da Paris-Roubaix terminando a carreira entre os mellores.
En 1996 inauguran cerca do velódromo de Roubaix
un tramo empedrado que leva o seu nome.
Profesional de 1906 a 1917.
TRIUNFOS: 1911 vencedor da Paris-Menen.
1912 vencedor da Paris-Roubaix.
1913, vencedor da Paris-Tours.
1914 vencedor do Campionato de Francia de fondo en estrada e da Paris-Roubaix.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1906 e 1907 abandonou, 1910 (6º, máis unha etapa), 1911 (4º, máis dúas etapas), 1912 antes de ter que abandonar gana unha etapa e 1913 e 1914 abandona.
Outros resultados dignos de mención: 1907 segundo na Paris-Bruxelas, 1911 terceiro na Paris-Bruxelas, 1913 terceiro no Campionato de Francia de fondo en estrada, terceiro na Paris-Roubaix, terceiro na Paris-Bruxelas e terceiro na Milán-San Remo.
EQUIPOS: 1906-1909 os Franceses, 1910 The Globe-Dunlop, 1911-1913 os Franceses-Diamond e 1914 os Franceses-Hutchinson.

Charles Crupelandt en 1912 |

Ningún comentario:
Publicar un comentario